miniatura|Os cabalos, Praza de España, Vigo. miniatura|O rapto de Europa, en Samil, Vigo. Juan José Oliveira Viéitez, nado en Pazos de Reis (Tui) o 22 de outubro de 1928 e finado en Canido (Vigo) o 16 de abril de 2002, foi un escultor galego..

Traxectoria De orixe acomodada, a súa familia posuía a fábrica de galletas "La Peninsular". Estudou enxeñaría industrial na Complutense de Madrid. Foi empresario e presidente da Cámara de Comercio de Tui (1959-1969)I Premio de Escultura, in memoriam de Juan José Oliveira..., artigo en GaliciaDixital.es . e vicecónsul de Portugal en Tui. Criaba cabalos e participaba en concursos hípicos. A súa faceta artística como escultor comezou cando xa tiña máis de corenta anos de idade.

Obra É autor, entre outras obras, do Can do zoolóxico da Casa de Campo, en MadridO can en Esculturayaste.com ou o Pegaso do aeroporto de Barajas en Madrid;O Pegaso en Esculturayarte.com O rapto de Europa de Samil (Navia), o conxunto escultórico Os cabalos da fonte da Praza de España, de vinte metros de altura, e as dúas estatuas de figuras a cabalo do Teatro García BarbónImaxes dos cabalos do Teatro García Barbón en Vigoenfotos.org de Javier Albertos. en Vigo; o monumento ao cabalo salvaxe de Tui e o Afonso IX de Baiona.Páxina oficial do Concello de Baiona Modelou tamén temas deportivos, taurinos e de xogos infantís. Toda a súa obra transmite gran dinamismo.

Premios Foi premiado coa Medalla Castelao en 2001 e cunha Medalla de Ouro na 1ª Bienal de Pontevedra.Los caballos de Juan José Oliveira , 20/02/1970, artigo no xornal ABC .

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Mercedes Oliveira Malvar (filla)

Ligazóns externas Galegos.info Decreto 136/2001, polo que se concede a Medalla Castelao no ano 2001.

20px Juan Oliveira Vieitez, horse sculptor (1928 - 2002)

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid