, tamén coñecido polo seu título en inglés Cardcaptor Sakura, é un serie manga escrita e ilustrada polo grupo artístico feminino CLAMP. O manga publicouse serializado mensualmente na revista shōjo Nakayoshi de maio de 1996 a xuño de 2000. Tamén foi publicado en 12 volumes tankōbon de Kodansha entre novembro de 1996 e xullo de 2000. A historia céntrase en Sakura Kinomoto, unha alumna de primaria que descobre poderes máxicos despois de liberar accidentalmente un conxunto de cartas máxicas no mundo; debe recuperar as cartas para evitar a catástrofe. Cada unha destas cartas outorga diferentes poderes máxicos e só pode ser activada por alguén con habilidades máxicas inherentes. Unha secuela de Clamp, Kādokyaputā Sakura Kuria Kādo-hen, centrada en Sakura na escola secundaria, comezou a serializarse en Nakayoshi en 2016.
É tamén un serie de animación (1998-2000) baseado no manga, de 70 episodios de media hora e dous filmes. A serie anime estreouse en galego o 15 de xaneiro de 2024 no Xabarín Club a través da tvG2. Foi traducida por Adrián Ramos e a dirección da dobraxe é obra de Antón Rubal.
Sinopse Sakura Kinomoto, rapaza de dez anos descobre un día, na biblioteca do seu pai, un libro misterioso, do que sae Kerberos, unha pequena criatura con ás que lle di que el é o garda das cartas, creadas por un meigo hai séculos, cada carta posúe un poder propio, pero hai un problema as cartas xa non están no libro. Kerberos confía a Sakura a misión de xuntar todas as cartas, antes de que se produza unha catástrofe.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web oficial Sakura, cazadora de cartas en NHK
Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de manga Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión do Xapón Categoría:Series de televisión iniciadas en 1998 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2000 Categoría:Anime con versión galega