"Teen Age Riot" foi o primeiro sinxelo do álbum de 1988 da banda estadounidense Sonic Youth Daydream Nation. Trátase do primeiro grande éxito da banda, que puido escoitarse en moitas emisoras de rock moderno aumentando a audiencia da banda.
Especialmente pegadiza e comercial para a banda nese tempo, é considerada unha das cancións que máis definen a Sonic Youth e trátase do tema que máis veces tocou a banda en directo, un total de 338 veces ata o ano 2010.
O tema foi incluído na lista do Salón da Fama do Rock das 500 cancións que deron forma ao rock and roll e aparece tamén no videoxogo Rock Band 2.
Listaxe de cancións "Teen Age Riot (Edit)" – 3:50 "Silver Rocket" – 3:47 "Kissability" – 3:08 "Candle" – 4:59
Notas
Categoría:Sinxelos de 1988 Categoría:Cancións de Sonic Youth