O EuroChallenge (chamada FIBA Europe League entre 2003 e 2005, e FIBA EuroCup entre 2005 e 2008) foi unha competición de baloncesto organizada pola FIBA Europa, sendo a máxima competición masculina que organiza. Nesta competición xogaban os mellores equipos de Europa que non se clasificaron para a Euroliga ou a Copa ULEB, isto é as competicións da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Non debe confundirse coa FIBA EuroCup Challenge, a extinta segunda competición organizada pola FIBA Europa disputada entre o 2002 e o 2007. No ano 2015, a FIBA disolveu a competición para empezar unha nova, a FIBA Europe Cup, co obxectivo de competir coa Eurocup.

Historia Co propósito de dar continuidade á histórica Copa de Europa, disputada por última vez co nome de Suproliga na tempada 2000-01, o torneo naceu na tempada 2003-04 coa denominación de Liga Europea da FIBA.

Ao consolidarse a Euroliga como máxima competición continental, en novembro de 2004 a FIBA chegou a un acordo coa organización que representa aos equipos escindidos na tempada 2000-01 para recoñecela como sucesora da Copa de Europa e, á súa vez, renomear á súa Liga Europea como Eurocopa de cara á seguinte tempada, converténdose así na terceira competición en importancia no ámbito dos clubs europeos.

O trofeo que se lle entrega ao equipo campión é o mesmo que se empregaba para tal efecto durante a etapa da Copa de Europa. O Maccabi Tel Aviv gravou o seu nome na placa situada na base que acompaña ao trofeo ao gañar a Suproliga no 2001.

Sistema de Competición A competición organizábase do seguinte xeito:

Unha primeira fase, na que participan 32 equipos, que se distribúen en oito grupos de catro cada un. Xógase a xeito de liguiña, de tal xeito que tódolos participantes encadrados nun mesmo grupo se enfrontan entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada un avanzan á seguinte fase. Unha segunda fase de 16 equipos, distribuídos en catro grupos de catro equipos. O sistema de competición é o mesmo da fase anterior e tamén se clasifican os dous primeiros. Un play off de cuartos de final ao mellor de tres partidos. Unha Final Four ou final a catro. Dispútanse dúas semifinais a partido único, cuxos vencedores se encontran na final. O vencedor deste último partido álzase co título de campión da competición.

Final Fours AnoFinalSemifinalistasCampiónMarcadorSubcampiónTerceiro postoMarcadorCuarto posto2003–04border|30px|link=Rusia UNICS87–63border|30px|link=Grecia Maroussiborder|30px|link=Israel Hapoel Tel Aviv112–104border|30px|link=Rusia Ural Great Perm2004–05border|30px|link=Rusia Dinamo San Petersburgo85–74border|30px|link=Ucraína Kyivborder|30px|link=Rusia Khimki86–79border|30px|link=Turquía Fenerbahçe2005–06border|30px|link=España Joventut Badalona88–63border|30px|link=Rusia Khimkiborder|30px|link=Ucraína Kyiv83–81border|30px|link=Rusia Dinamo San Petersburgo2006–07border|30px|link=España Girona79–72border|30px|link=Ucraína Azovmashborder|30px|link=Italia Virtus Bologna82–60border|30px|link=España Estudiantes2007–08border|30px|link=Letonia Barons LMT63–62border|30px|link=Bélxica Mons-Hainautborder|30px|link=Chipre AEL79–70border|30px|link=Estonia Tartu Ülikool2008–09border|30px|link=Italia Virtus Bologna77–75border|30px|link=Francia Choletborder|30px|link=Rusia Triumph Lyubertsy94–82border|30px|link=Chipre AEL2009–10border|30px|link=Alemaña Göttingen83–75border|30px|link=Rusia Krasnye Kryliaborder|30px|link=Francia Chorale Roanne86–80border|30px|link=Italia Victoria Libertas2010–11border|30px|link=Eslovenia Krka83–77border|30px|link=Rusia Lokomotiv Kubanborder|30px|link=Bélxica Oostende94–92border|30px|link=Rusia Spartak San Petersburgo2011–12border|30px|link=Turquía Beşiktaş91–86border|30px|link=Francia Élan Chalonborder|30px|link=Rusia Triumph Lyubertsy94–87border|30px|link=Hungría Szolnoki Olaj2012–13border|30px|link=Rusia Krasnye Krylia77–76border|30px|link=Turquía Karşıyakaborder|30px|link=Alemaña Oldenburg84–76border|30px|link=Francia Gravelines2013–14border|30px|link=Italia Reggio Emilia79–65border|30px|link=Rusia Triumph Lyubertsyborder|30px|link=Turquía Gaziantep87–75 (OT)border|30px|link=Hungría Szolnoki Olaj2014–15border|30px|link=Francia Nanterre64–63border|30px|link=Turquía Trabzonsporborder|30px|link=Romanía Energia Târgu Jiu83–80border|30px|link=Alemaña Skyliners Frankfurt

Final Four MVP 2003-04: Martin Müürsepp 2004-05: Kelly McCarty 2005-06: Rudy Fernández 2006-07: Arriel McDonald 2007-08: Giedrius Gustas 2008-09: Keith Langford 2009-10: Taylor Rochestie 2010-11: Goran Ikonić 2011-12: Pops Mensah-Bonsu 2012-13: Chester Simmons 2013-14: Andrea Cinciarini 2014-15: Jamal Shuler

Palmarés Clubs EquipoTítuloAno UNICS Kazan12003-04 Dynamo San Petersburgo12004-05 DKV Joventut12005-06 Akasvayu Girona12006-07 Barons LMT Riga12007-08 Virtus Bologna12008-09 BG Göttingen12009-10 KK Krka12010-11 Beşiktaş12011-12 Krasnye Krylia Samara12012-13 Reggio Emilia12013-14 Nanterre12014-15

Adestradores AdestradorTítulosAnos Stanislav Eremin12003-04 David Blatt12004-05 Aíto García Reneses12005-06 Svetislav Pešić12006-07 Karlis Muiznieks12007-08 Matteo Boniciolli12008-09 John Patrick12009-10 Aleksandar Džikić12010-11 Ergin Ataman12011-12 Sergei Bazarevich12012-13 Massimiliano Menetti12013-14 Pascal Donnadieu12014-15

Véxase tamén FIBA FIBA Europa Copa de Europa FIBA EuroCup Challenge ULEB Euroliga

Notas

Ligazóns FIBA (Web Oficial) FIBA Europa (Web Oficial)

Categoría:Competicións de baloncesto desaparecidas en Europa