Gianni Rodari, nado en Omegna (Piemonte) o 23 de outubro de 1920 e finado en Roma o 14 de abril de 1980, foi un escritor, mestre e pedagogo italiano. Obtivo o Premio Hans Christian Andersen en 1970.

Traxectoria Rodari naceu o 23 de outubro de 1920, mais aos 9 anos, morreu seu pai dunha bronconeumonía e tivo que mudarse coa súa familia (a súa nai e o seu irmán) á localidade natal materna, Gavirate (Varese).Gianni Rodari, historia de un rebelde, Infolibre, Clara Morales, 11 de decembro de 2020 Tras o paso desafortunado polo seminario católico de San Pedro Mártir da vila de Seveso (Milán), ingresa en 1934 no Istituto Magistrale (hoxe Liceo Delle Scienze Sociali) onde estudou humanidades. Aprendeu naquela época a tocar o violín e entrou en contacto coa literatura crítica da man de Nietzsche, Schopenhauer, Marx, Engels, Lenin, Stalin e Trotski.

En 1937, Rodari obtivo o título de maxisterio en Gavirate. Foi titor nunha familia xudía, pasou pola Facultade de Linguas da Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán, e impartiu aulas en escolas de Brusimpiano, Ranco e Cardana di Besozzo. Durante a segunda guerra mundial, exento do servizo militar por razóns de saúde, empezou a facer suplencias docentes en Uboldo.

Tras diversos avatares durante a guerra, afiliouse ao Partido Comunista Italiano en 1944. Por entón, Rodari comezou a traballar en publicacións, revistas e periódicos. Deste xeito, pasou pola revista de historietas Cinque punte e o xornal da Federación Comunista de Varese L'Ordine Nuovo. Publicou lendas populares e contos co pseudónimo de Francesco Aricocchi. Posteriormente dirixiu a sección La domenica dei piccoli do xornal milanés L'Unità.

En 1950 trasladouse a Roma onde fundou e dirixiu con Dina Rinaldi (1921-1997) o semanario xuvenil Pioniere (Pionero), da API (Associazione Pionieri d'Italia), organización coa que mantería unha colaboración durante dez anos. En 1951, tras a publicación do seu primeiro libro de carácter pedagóxico, Il manuale del Pioniere, Rodari foi excomulgado polo Vaticano coa consecuente queima de libros e revistas súas nos patios das parroquias.Marcello Argilli (n. 1926): Gianni Rodari. Una biografia, Turín, Einaudi, 1990, pp. 64 - 65.

En 1953, casou con Maria Teresa Ferretti, secretaria do grupo parlamentario da Fronte Democrático Popular, e fundou o xornal de ámbito nacional Avanguardia, instrumento de expresión da Federación Xuvenil Comunista Italiana. Seguiron dez anos de numerosas colaboracións escribindo artigos, dirixindo seccións xuvenís e editando libros até que regresou en 1956 a L'Unità.

En 1958, Gianni Rodari comezou de enviado especial do Paese Sera, edición do serán do diario Il Paese. Neste xornal tamén se deu a coñecer co pseudónimo Benelux. Por entón, empezou a colaborar coa RAI e a BBC no programa infantil Giocagiò.

Interrompeu a edición de libros até 1969 para dedicarse ao traballo con nenos. Posteriormente asumiu a dirección de Il giornale dei genitori até 1977.O número especial XXII, n. 58/59, xullo/agosto 1980, dedicouse á súa figura.

Morreu o día 14 de abril de 1980 durante unha operación na perna debido a unha insuficiencia cardíaca aos 59 anos. Os seus restos descansan no Cimitero del Verano (Roma).Gianni Rodari, historia de un rebelde, Infolibre, Clara Morales, 11 de decembro de 2020

A Gramática da Fantasía En 1973, Gianni Rodari publicou a obra Grammatica della Fantasia, subtitulada Introduzione all'arte di inventare storie, que ofrece 45 capítulos de ensaio pedagóxico dirixido ao persoal docente, pais e nais, e aos animadores. A obra é resultado de anos de traballo no campo da fantasía.

Nos antecedente da obra, explica as súas fontes de inspiración como Novalis (1772-1801) que nos seus Frammenti di: «Se disporamos dunha Fantástica, como dispomos dunha Lóxica, tería descuberto a arte de inventar.» Tamén recoñece a influencia do surrealistas franceses. A través do seu paso polas escolas onde lle contaba contos fantásticos ao alumnado, foinos recompilando nunha carpeta que chamou Quaderno di Fantastica até que publicou no diario romano «Paese Sera» un Manuale per inventare favole en dous capítulos (9 e 19 de febreiro de 1962). Retomou a idea no Giornale dei Genitori en 1969.

Pero foi en 1972, durante unha formación a docentes das escolas de Reggio Emilia (localidade de longa tradición pedagóxica en Italia), onde se deu conta da relevancia de traballar a fantasía como estratexia pedagóxica fundamental e empezou a compilar e dar forma ao que acabaría sendo o libro. A transcrición deses obradoiros gravados deron lugar ao libro.

A obra presenta algunhas técnicas que a fixeron famosa como o binomio fantástico combinando listas de palabras de diferentes ámbitos para crear novas realidades, a ensalada de contos mesturando tramas de varios contos para crear outro, os contos do revés invertendo os riscos das personaxes de contos tradicionais, o erro creativo aproveitando a darlle un significado ás palabras mal escritas, os xogos vellos utilizando listas de preguntas etc. Todas elas estimulan a creación, a fantasía e a imaxinación e son habitualmente utilizadas en cursos e obradoiros para o desenvolvemento da creatividade, da fantasía, da imaxinación, da creación literaria ou a resolución de problemas.

Obra miniatura|alt=nenos e nenas ao redor dunha mesa facendo actividades|Taller "O imaxinario de Gianni Rodari", en 2015 en Sabadell.

Traducións ao galego Moitas das súas obras foron traducidas ao galego. Entre os tradutores e tradutoras estánGianni Rodari na Biblioteca da Tradución Galega.: Valentín Arias, Xela Arias, Silvia Gaspar, Dolores Sánchez Palomino, Leandro García Bugarín, Xosé Ballesteros, Ignacio Chao, Carlos Acevedo, Isabel Soto e María Alonso Seisdedos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "Gianni Rodari" Enciclopedia Microsoft Encarta. Microsoft Corporation . Arsena, A. (2020). Gianni rodari: Un aedo del novecento. Studi Sulla Formazione, 23(2), 97-110. doi:https://doi.org/10.13128/ssf-11820 Benetton, M. (2019). «Rodari the educationist» today, and the rights of the child. Studi Sulla Formazione, 22(2), 63-83. doi:https://doi-org.bibliotecauned.idm.oclc.org/10.13128/ssf-10780 Dallari, Marco (2020-12-23). Gianni Rodari pedagogista. Encyclopaideia (en italiano) 24 (58): I–III. . doi:10.6092/issn.1825-8670/11722 Ligazóns externas Sitio oficial . Clásicos infantiles: Rodari, por Ana Garralón. Gianni Rodari, un defensor de la vida, por Beatriz Helena Robledo .

Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados no Piemonte Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores de literatura infantil Categoría:Pedagogos de Italia Categoría:Comunistas de Italia Categoría:Alumnos da Universidade Católica do Sagrado Corazón