Charles Edward "Ed" Macauley, nado o 22 de marzo de 1928 en St. Louis, Missouri, é un antigo xogador estadounidense de baloncesto profesional da NBA.

Traxectoria Comezos Asistiu ao instituto e á Universidade de Saint Louis, onde o seu equipo gañou o campionato NIT en 1948. Foi nomeado "AP Xogador do Ano" en 1949.

Profesional Foi elixido no Draft da BAA de 1949 por St. Louis Bombers como elección territorial, xogando ademais en Boston Celtics e St. Louis Hawks. Foi nomeado MVP do primeiro All-Star Game da historia da liga, e foi seleccionado no mellor quinteto do ano en tres ocasións consecutivas. No segundo quinteto apareceu unha vez, na 1953-54, mesma tempada que liderou a NBA en porcentaxe de tiros de campo. O seu traspaso xunto con Cliff Fagan trouxo a Bill Russell a Boston Celtics. Macauley anotou 11.234 puntos en toda a súa carreira e entrou no Basketball Hall of Fame en 1960.

Véxase tamén Ligazóns externas Ed Macauley - Basketball Hall of Fame BasketballReference.com: Ed Macauley (xogador) BasketballReference.com: Ed Macauley (adestrador) St. Louis Walk of Fame

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos St. Louis Bombers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos St. Louis Hawks Categoría:Adestradores dos St. Louis Hawks Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1928