Reggie Lewis, nado o 21 de novembro de 1965 en Baltimore (Maryland) e finado mentres adestraba dun ataque ao corazón o 27 de xullo de 1993, na Universidade de Brandeis, en Waltham (Massachusetts) foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Dous anos máis tarde do seu falecemento, o xornal The Wall Street Journal publicou que a causa da súa morte puido ser debida ao consumo de cocaína, pero este feito nunca foi probado.

Traxectoria deportiva Universidade A súa traxectoria universitaria transcorreu en Boston, na Northeastern University' onde fixo unhas excelentes cifras de 22,2 puntos e 7,9 rebotes por partido, o cal lle permitiría dar o salto á NBA.

Profesional Foi elixido no draft da NBA de 1987 polos Boston Celtics, no posto 22 da primeira rolda. Chegou a xogar coas grandes estrelas dese equipo, como Larry Bird, Kevin McHale ou Robert Parish, xa no final das súas carreiras. En 1993 sucedeu a Bird no posto de capitán, e no seu primeiro partido de play-offs, contra Charlotte Hornets, sufriu un desmaio, sen chegar a saber que aquel fora o seu último partido como profesional. Pouco máis tarde, falecería vítima dun ataque ao corazón.

A súa camiseta co número 35 foi retirada como homenaxe á súa persoa polos Celtics. O seu espírito seguiu vivo ao crearse, tras a súa morte, o "Reggie Lewis Track and Athletic Center", do cal foi parcialmente fundador, e que desenvolve atletas en disciplinas como o atletismo e o baloncesto. Durante as súas 6 tempadas en Boston, fixo 21,5 puntos, 5,3 rebotes e 3,1 asistencias por partido.

Equipos Boston Celtics (1987-1993)

Logros persoais Elixido para o All-Star Game en 1992. Único xogador nos 59 anos de historia dos Celtics en conseguir, na mesma tempada, máis de 100 puntos, rebotes, asistencias, roubos de balón e tapóns (tempada 91-92). A súa camiseta co número 35 foi retirada polos Boston Celtics.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Reggie Lewis Lembrando a Reggie Lewis, en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Nados en Baltimore