Identificadores

Marca, no seu sentido xeral, un debuxo, letra, trazo ou calquera outra cousa que se pon nalgún lugar ou se fai sobre un obxecto, ou se deixa nun lugar, para recoñecelo e distuinguilo."Marca" no dicionario da RAG.

Marca, debuxo ou nome con que unha empresa comercial distingue os seus produtos; Marca branca, a marca comercial que pertence a unha cadea de distribución; Marca comercial ou simplemente marca, título para identificar un produto ou un servizo no mercado; Marca de familia, estratexia de mercadotecnia; Marca rexistrada, a rexistrada legalmente para identificar un ou varios produtos ou servizos; Marca da Besta, número que se asocia con Satanás ou co Anticristo; Marca de auga, sinal ou debuxo feito no papel ao fabricalo ou a súa emulación dixital; Marca de auga en papel, a feita no papel ao fabricalo; Marca de auga dixital, a que emula a anterior, de xeito dixital; Marca de canteiro, sinal gravado por un canteiro nunha pedra tallada por el; Marca de ceca, sinal nunha moeda indicativo da casa de moeda onde se cuñou; Marca de francobordo, símbolo utilizado nos navíos; Marca de garantía, signo utilizado para produtos ou servizos que cumpran uns requisitos comúns; Marca de tempo, dispositivo de notación utilizado na notación musical occidental; Marca Escura, o símbolo de Voldemort e os Devoradores da Mortre, no universo de Harry Potter; Marca temporal, cadea de caracteres que denotan a data e hora en que sucedeu un feito;

Deporte

Marca, resultado ou nivel alcanzado nunha disciplina deportiva e debidamente medido; Marca, diario deportivo español, editado en Madrid; Marca TV, antiga canle de televisión española de temática deportiva; Radio Marca, emisora de radio española de información deportiva;

Xeografía e historia

Marca, división administrativa propia da Idade Media, caracterizada por ser un territorio fronteirizo; Marca de Carniola, antigo Estado no sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico na Alta Idade Media; Marca de Friúl, antiga zona fronteiriza carolinxia como defensa contra os húngaros durante os séculos IX e X; Marca de Toscana, delimitación fronteiriza na Italia central do século XIX; Marca de Turín, un territorio vasalo do Reino de Italia e do Sacro Imperio Romano Xermánico creada no século X; Marca de Verona, terreo fronteirizo na Italia nororiental no século X. Marca hispánica, conxunto de condados vasalos do Imperio Carolinxio, fronteirizos cos reinos de Al-Andalus;

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Marcas, unha rexión de Italia; Marcas de automóbiles; Marcas Galesas, a área fronteiriza entre Inglaterra e Gales, no Reino Unido.