Kurt Vincent Thomas, nado o 4 de outubro de 1972 en Dallas, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente é axente libre. Con 2,06 m a súa posición é a de ala-pivote.
Traxectoria Despois de pasar pola Universidade Cristiá de Texas, declarouse elixible para o Draft de 1995, onde foi elixido no posto número dez da primeira rolda polos Miami Heat, despois de estar dous anos na franquía de Florida xogou nos Dallas Mavericks e nos Phoenix Suns e nos Seattle SuperSonics. En febreiro de 2008 foi traspasado de Seattle a San Antonio Spurs a cambio de Brent Barry e Francisco Elson.
O 23 de xullo de 2009, Thomas foi traspasado de novo, esta vez a Milwaukee Bucks, xunto con Bruce Bowen e Fabricio Oberto, a cambio de Richard Jefferson.Source: Spurs Obtain Richard Jefferson - spurs.com O 26 de xullo de 2010 asinaría un contrato cos Chicago Bulls.
O 11 de decembro de 2011 asinou un contrato cos Portland Trail Blazers.
O 16 de xullo de 2012, Thomas e Raymond Felton foron traspasados ós New York Knicks a cambio de Jared Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en nba.com Estatísticas de Kurt Thomas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Dallas, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Ala-pivotes de baloncesto