Ballota é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña dous habitantes (un home e unha muller). Toponimia O topónimo Ballota podería derivar dun alcume dunha persoa chamada Ballote por ser gordo, e ser comparado cun ballote ou bolo do pote; tamén podería derivar do antropónimo feminino Baia ou da forma pallota, referida a unha construción para gardar apeiros de labranza.
Lugares e parroquias Lugares de Sofán
Parroquias de Carballo
Notas
Categoría:Lugares de Carballo