John Rashall Salmons, nado o 12 de decembro de 1979 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto. Xogaba nas posicións de escolta ou ala.
Instituto e universidade Foi ao instituto Plymouth-Whitemarsh no estado de Pensilvania, onde se proclamou campión estatal no ano 1997 conseguindo ademais chegar aos 1000 puntos durante a súa estancia alí. No ano 1998 comezou o seu periplo universitario na Universidade de Miami, na cal concluíu o seu ciclo universitario cunhas medias de 10,4 puntos, 5,5 rebotes, 3,5 asistencias e 1,5 roubos por partido.
NBA Salmons foi seleccionado no posto número 26 do Draft da NBA de 2002 polos San Antonio Spurs. Foi enviado aos Philadelphia 76ers, onde estivo bastante discreto promediando tan só 4,1 puntos por xogo, e máis tarde aos Kings, onde asinou un contrato multianual, pasando tres anos nos que tivo boas tempadas, especialmente na última, onde unha inusitada mellora do seu lanzamento de tres puntos converteuno nun anotador moi solvente. En decembro de 2006 conseguiu o seu primeiro triplo-dobre ante Denver Nuggets, con 21 puntos, 11 rebotes e 10 asistencias.
O 19 de febreiro de 2009, Sacramento Kings traspasou a Salmons e a Brad Miller a Chicago Bulls a cambio de Andrés Nocioni, Drew Gooden, Michael Ruffin e Cedric Simmons. Coas novas incorporacións Chicago comezou unha remontada na táboa acadando a sétima praza para playoff do Leste. O seu rival en postempada foron os Boston Celtics, actuais campións. A serie foi especialmente igualada índose aos sete partidos, seis deles con prórrogas, mais finalmente os Bulls foron eliminados. A mellor actuación de Salmons na serie foi no cuarto partido (127-128 para Chicago) onde anotou 35 puntos incluíndo un tapón na segunda prórroga a unha tripla de Paul Pierce nos últimos segundos que daba a vitoria aos Bulls. O 18 de febreiro de 2010, Salmons foi traspasado a Milwaukee Bucks a cambio de Hakim Warrick e Joe Alexander.Bulls deal Salmons to Bucks for Warrick and Alexander
O 9 de decembro de 2013, Salmons foi traspasado xunto a Patrick Patterson, Greivis Vasquez e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray. O 30 de xuño de 2014, Salmons foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2015 ós Atlanta Hawks, a cambio de Louis Williams e os dereitos de Lucas Nogueira.Hawks Acquire 2015 Second Round Pick and Salmons from Toronto O 10 de xullo de 2014, foi cortado polos Hawks.Atlanta Hawks Request Waivers on John Salmons
O 26 de agosto de 2014, Salmons asinou cos New Orleans Pelicans.Pelicans Sign John Salmons O 19 de febreiro de 2015, Salmons foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre os Pelicans, os Suns e os Miami Heat. Dous días despois, foi cortado polos Suns.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de John Salmons
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans