Brandon Byron Jennings, nado o 23 de setembro de 1989 en Compton (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1,85 metros de alzada, xoga na posición de base.

É curmán do xogador do PBC Lokomotiv Kuban, Marcus Williams. Despois de graduarse na Academia Oak Hill decidiu xogar profesionalmente ao baloncesto en Italia en lugar de xogar na liga universitaria coa Universidade de Arizona.

Traxectoria deportiva Liga italiana Tras formar parte en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team, ademais de conseguir na súa época de instituto case tódolos premios posibles a nivel individual, cunhas medias de 35,5 puntos e 6,8 asistencias por partido, renunciou a senllos compromisos que tiña coas universidades de USC e Arizona por problemas de alcanzar o nivel académico, decidindo irse a xogar unha tempada á Lottomatica Roma da liga italiana.A estrela universitaria Brandon Jennings rompe coa NCAA e márchase a Italia

En Roma xogou 27 partidos de liga, nos que fixo 5,5 puntos e 2,3 asistencias, ademais de 2,1 roubos de balón, único aspecto no cal apareceu nas clasificacións da liga entre os 20 mellores. O seu mellor rexistro anotador conseguiuno na Euroliga, nun partido ante Unicaja de Málaga, no que anotou 17 puntos.

Polémica con Ricky Rubio En xuño de 2009, Jennings fixo unhas polémicas declaracións nas que deixaba en mal lugar ao base español Ricky Rubio, comparándoo con el mesmo:

Poucos días despois, tras darse conta da magnitude das súas palabras, pediu perdón publicamente a través do seu Twitter:

NBA Foi elixido na décima posición do Draft da NBA de 2009 por Milwaukee Bucks. O 15 de novembro de 2009, converteuse no xogador máis novo da historia en anotar máis de 50 puntos no mesmo partido (55 puntos ante os Golden State Warriors)

O 31 de xullo de 2013, Jennings foi traspasado ós Detroit Pistons mediante un sign-and-trade, a cambio do base Brandon Knight, o aleiro Khris Middleton e o pivote Viacheslav Kravtsov.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Compton, Estados Unidos Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards