Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

A Aarón. Exipcio. Alta montaña, de grande nome. Abdón. Hebreo. Servo de Deus. Abel. Hebreo. Fillo, efémero. Abelardo. Hebreo + xermano. Fillo nobre e forte. Abilio. Latín. Esperto. Abrahán. Hebreo. Pai da multitude, das xentes. Abril. Do latín aprilis, nome que os romanos daban os fillos nados no mes de abril. Abundio. Latín. Abundante, pletórico. Acacio. Grego. Bo. Acisclo. Latín. Canteiro ou martelo pequeniño. Adalberto. Xermano. Totalmente nobre. Adai. Xermánico. Nobreza. Adán. Hebreo. Feito de terra. Adelardo. Xermano. Nobre e forte. Adolfo. Xermano. Lobo ou guerreiro ilustre. Adonis. Grego. Señor. Adrán. Celta ou etrusco a través do latín Hadrianus, sobrenome dunha estirpe romana da cidade de Hadria (Italia), tamén orixe do nome do Adriático. A orixe parece ser etrusca. Podería estar tamén ligada a un Ariainn das linguas célticas (divindade relacionada co pastoreo e a agricultura). Variantes: Adrao, Adrián, Adriano, Hadrián, Hadriano. Afonso. Xermano. Preparado para o combate. Afrodisio. Grego. Amoroso. Agapito. Grego. Amábel, digno de ser amado. Agatón. Grego. Home bo. Agostiño. Latín. Xentilicio derivado de Augusto, consagrado polos augures. Agripino. Latín. Da familia romana de Agripa, que naceu de pé. Airas. Galaico-xermánico. Antigo nome galego, frecuente na época medieval, pero de orixe escura. Para uns deriva dun topónimo Airas (procedente de areas, ‘currais das casas’, ou de agras); para outros, está relacionado coa raíz prelatina ar-, ‘val’, ou con anas, ‘río’. Variante: Arias. Aitor. Vasco. Pai. Aladino. Árabe. Posuído pola fe. Alan. Celta. Harmonía. Alarico. Xermano. Riquísimo. Alban. Latín. Natural de Alba Longa, zona de Italia. Albano. Latín. Natural de Alba Longa, zona de Italia. Alberte. Xermano. Brillante pola súa nobreza ou totalmente nobre. Albino. Latín. Branco. / Xermano. Amigo dos Elfos. Alceo. Grego. Forte. Alcibiades. Grego. Vida forte. Aladair. Celta. Carballeira. Aldán. Xermano-galego. Da parroquia de Aldán, nomeada así polo posuidor medieval das terras. Pode significar "tempo, época" ou "vello". Aleixo. Grego. Defensor, protector. Alén. Latín. De alí. Alexandre. Grego. Home que defende algo, defensor, que rexeita o inimigo. Alexis. Grego. Defensor, protector. Alfeo. Grego. O primeiro. Alfredo. Xermano. Gobernante pacífico; consello dos Elfos, protectores bos. Álvaro. Xermano. Moi atento; nobre gardián. Amable. Latín. Amábel, digno de ser amado. Amadeu. Latín. Que ama a Deus. Amadis. Latín. Devoto. Amado. Latín. Amado. Amador. Latín. Que ama. Amancio. Latín. Que debe ser amado. Amando. Latín. Digno de ser amado. Amaro. Celta. Inmortal. Ou latín: Mouro; da Mauritania. Ambollo. Galaico. Nome céltico-galaico lucense masculino (aparecido en inscricións). Ambrosio. Grego. Inmortal, de natureza divina. Amede. Galaico. De etimoloxía escura, talvez relacionada coa palabra grega mammé, ‘nai’. Por etimoloxía popular asociouse ao vocábulo latino mamma (‘mama, teta’), de aí que Santo Amede se convertese en avogado das amas de cría. Variante: Amedio, Mamedio, Mamede. Américo. Xermánico. "Haims" ‘vila, país natal’ e *"rikaz" ‘poderoso Amilcar. Fenicio. Irmán do deus Melkar, o rei da cidade. Amir. Árabe. Príncipe. Amos. Hebreo. Deus protexeute. Anacleto. Grego. Invocado. Anastasio. Grego. Resurrección. Anatolio. Grego. Oriental. Andeca. Galaico. Antigo nome galego de orixe prerromana descoñecida. Foi nome dun dos reis suevos de Galicia no século VI. André. Grego. Viril. Aniano. Latín. Consagrado a Anna Perenna, deusa do ano. Aniceto. Grego. Invicto, non vencido. Anisio. Grego. Perfumado; que ole como o fiúncho. Ansur. Galaico. Antigo nome galego co significado de uro (especie de bóvido xa extinguida) de Deus’, quizais en referencia a un animal sagrado. Tamén hai quen o considera un nome indíxena relacionado con Suario e de onde derivaron Sueiro e Suárez. Anselmo. Xermano. Helmo protector, helmo divino; que ten protección divina. Antenor. Grego. Que combate cos homes. Anteo. Grego. Adversario, contrincante. Antero. Grego. Que reflicte amor. Antíoco. Grego. Que resiste contra; que está firme en... Antoíño. Grego (a través do latín). Florido. Antonio. Grego (a través do latín). Florido. Antón. Grego (a través do latín). Florido. Anxelo. Grego. Mensaxeiro. Anxo. Grego. Mensaxeiro. Aparicio. Latín. Aparición. Apilo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Apolinario. Grego. Consagrado a Apolo. Apolo. Grego. Forte, potente, dador de vida. Apolodoro. Grego. Regalo do deus Apolo. Apolonio. Grego. Consagrado a Apolo. Aquiles. Grego. Lobo espantoso. Aquilino. Latín. Relativo á familia de Aquiles; da natureza da aguia. Arcadio. Grego. Natural da Arcadia, provincia grega do Peloponeso. Arcuo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Arduíno. Xermano. Amigo forte. Ares. Grego. Deus da guerra. Arias. Galaico-xermánico. Antigo nome galego, frecuente na época medieval, pero de orixe escura. Para uns deriva dun topónimo Airas (procedente de areas, ‘currais das casas’, ou de agras); para outros, está relacionado coa raíz prelatina ar-, ‘val’, ou con anas, ‘río’. Variante: Airas. Ariel. Hebreo. León de Deus. Aristides. Grego. O mellor. Aristóbulo. Grego. Moi distinguido no consello. Arquilo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Arlindo. Xermano. Forte e doce. Armando. Xermano. Home valoroso, ousado. Arnaldo. Xermano. Aguia forte. Arnolfo. Xermano. Aguia forte. Arnulfo. Xermano. Aguia e lobo; gobernante e guerreiro. Arsenio. Grego. Viril, propio de homes. Artai. Celta-galaico. Fillo de Brigo, primeiro poboador ártabro. Na historia mítica galega (popularizada por historiadores decimonónicos coma Benito Vicetto) foi o fillo máis vello do primeiro poboador de Galicia, Brigo. Disque el foi o proxenitor do pobo dos ártabros, que se espallou polas mariñas betanceiras cara ao cabo de Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Tivo unha filla chamada Celt, proxenitora da raza celta. Variantes: Artei, Arteigo. Artur. Celta ou latín. Coidador da constelación da Osa. De orixe moi discutida, relacionouse con palabras celtas como artos, ‘oso’, ou art, ‘pedra’; outros estudosos apuntan a unha orixe latina no nome dunha gens chamada Artorios, Arctorius ou Arcturius. Artús. Grego. Coidador da constelación da Osa. Arximiro. Xermano. De nobre berce. Asdrúbal. Fenicio. Regalo do deus Baal. Astor. Xermano. Lanza. Atanasio. Grego. Inmortal. Ataúlfo. Xermánico. Lobo nobre. Ático. Grego. Natural da Ática. Atilano. Xermano. Propio de Atila, pai, rei dos Hunos. Augusto. Latín. Consagrado polos augures ou adiviños. Aureliano. Latín. Brillante como un sol. Aurelio. Latín. Brillante, da cor do ouro. Avelino. Xermano. Desexado ardentemente. Axel. Escandinavo. Significado descoñecido.

B Balbino. Latín. Pertencente á familia romana Balba; tatexo, que balbucea. Baldomero. Xermano. Audaz ou valente protector. Balduíno. Xermano. Amigo valente. Baltasar. Asirio. Que o deus Baal protexa ao rei. Bardo. Celta. Poeta. Bartolomeu. Hebraico. Moi engurrado; fillo de Tolomeo. Variantes: Bertomeu, Bartolo. Baruc. Hebreo. Bendito. Basileo. Grego. Rei. Basilio. Grego. Rei, real. Basiliano. Grego. Relativo ao rei. Bastián. Grego. Venerábel. Baudilio. Celta e latín. Vencedor. Bautista. Grego. O que bautiza. Belarmino. Xermano. Protector decidido. Beltaine. Celta. Lume brillante. Beltrán. Xermano. Famoso defensor. Benigno. Latín. Bondadoso. Benedito. Latín. Ben nomeado, bendito. Benvido. Latín. Benvido. Benxamín. Hebreo. Fillo predilecto. Berenguel. Xermano. Lanceiro; guerreiro preparado. Berenguer. Xermano. Lanceiro; guerreiro preparado. Bernabeu. Hebreo. Fillo da profecía, profeta. Bernal. Xermano. Oso forte. Bernaldino. Xermano. Oso forte. Bernaldo. Xermano. Oso forte. Berto. Xermano. Ilustre, famoso, brillante. Bertomeu. Hebraico. Moi engurrado; fillo de Tolomeo. Bertrán. Xermano. Escudo brillante, escudo famoso. Do xermánico Berhtram ou Berahthraben, de berht, ‘brillo’, e hramn ou hra- ben, ‘corvo’, latinizado despois en Bertranus. Na mitoloxía xermánica, os corvos acompañaban a Odín e simbolizaban a memoria e a intelixencia. Variante: Beltrán. Bieito. Latín. Ben nomeado, bendito. Boaventura. Latín. Bo augurio, boa sorte. Bonifacio. Latín. Benfeitor, que fai o ben. Boris. Ruso. O que conquista a gloria combatendo. Borno. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Borxa. Árabe. Torre. Brais. Latín. Tatexo, que tatexa ou balbucea. Bran. Celta-galaico. Deus mitolóxico galaico. Brandán. Celta-galaico. Personaxe lendario que emigra mar adiante. Do celta Brenainn, nome dun santo irlandés do século VI, latinizado como Brendanus e Brandanus''. Variante: Barandán. Brandomil. Xermano. Célebre. Brath. Galaico. Pai de Breogán, segundo as sagas célticas. El foi quen logrou establecerse no territorio galego, despois de loitar coas tribos existentes no país. Variante: Brath. Braulio. Xermano. Lume, espada. Breixo. Latín. Moi certo. Bréixome. Latín. Moi certo. Breogán. Celta-galaico. Xefe dos celtas, habitantes de Galiza. Brian. Celta. O forte. Britón. Xermano. Orixinario da Bretaña. Bruño'''. Xermano. De cor escura, tendente a negra.

C Cadrolón. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Caelo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Caetano. Latín. Relativo a Caio, alegre. Variantes: Quitián, Quitán, Quiatán, Caitán, Caetán. Caio. Latín. Alegre. / Etrusco. Gabián. Caitán. Latín. Relativo a Caio, alegre. Calímaco. Grego. Belísimo combatente. Calisto. Grego. Belísimo, o máis belo. Calveno. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Camalo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Camilo. Etrusco. Ministro de Deus, sacerdote. Campio. Grego. Que dá alegría / Latín. Labrego, campesiño. Cándido. Latín. Branco, sen malicia. Canuto. Escandinavo. Vencello, nó; atrevido, valente. Caralampio. Grego. Que dá alegría. Carlos. Xermano. Home libre, home, viril. Carmelo. Hebreo. Viña, xardín. / Latín. Canto ou poema. Casandro. Grego. O que axuda ao home. Casiano. Latín. Distinguido, esplendoroso. Casildo. Árabe. Cantiga. Casimiro. Xermano. O que impón a paz. Casio. Latín. Excelso, ilustre. Casto. Latín. Puro, virtuoso, casto. Castor. Latín. Castor, animal. Catulo. Latín. Perspicaz, intelixente. Caturón. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións). Cecilio. Latín. Cego, curto de vista. Ceferino. Latín. Relativo ao vento Céfiro, o que porta a vida. Celestino. Latín. Do ceo. Celidonio. Grego. Parecido á andoriña. Celio. Latín. Relativo ao ceo. Celso. Latín. Relativo ao ceo. César. Latín. Con moito pelo. Cesáreo. Latín. Relativo ao César. Cibrán. Latín. Habitante de Chipre. Cibrao. Latín. Habitante de Chipre. Cidre. Grego. Derivación do nome grego Isídoros, ‘don da deusa Isis’. Variantes: Sidre, Sidro, Isidro. Cilistro. Latín. Pertencente ou relativo ao ceo. Ciríaco. Grego. Derivado de Ciro, sol ou señor. Cirilo. Grego. Divino. Ciro. Persa. Sol, deus. Claudio. Latín. Da familia Claudia, coxo. Clemente. Latín. Clemente. Clemenzo. Latín. Clemente. Cleofás. Grego. De glorioso pai. Cleto. Grego. Invocado. Clodio. Latín. Da familia Claudia, coxo. Columbano. Latín. Pertencente á familia Colombo, pombo. Conan. Celta. Piadoso. Conrado. Xermano. Consello de ousado ou atrevido. Constante. Latín. Firme, inquebrantábel. Constantino. Latín. Moi constante, perseverante. Cornelio. Latín. Abundante. Cosme. Grego. Universo; disposto en orde. Cosmede. Grego. Universo; disposto en orde.