Royal Terence Ivey, nado o 20 de decembro de 1981 en Harlem, Nova York, é un ex xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é adestrador asistente dos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria Comezou a xogar na escola superior de Cardozo en Queens, Nova York. Logo diso xogou na Universidade de Texas en Austin. No Draft da NBA de 2004 foi elixido polos Atlanta Hawks na segunda rolda, no posto 37. O seu primeiro ano fixo 3,5 puntos en 62 xogos polos Hawks. Despois foi traspasado a Milwaukee Bucks e a Philadelphia 76ers.
En febreiro de 2010 volveu a Milwaukee Bucks xunto con Primož Brezec a cambio de Francisco Elson e Jodie Meeks.Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee - 2/18/2010 Poucos meses despois, o 21 de xullo, asinou cos Oklahoma City Thunder. Chegou cos Thunder ás Finais da NBA en 2012, pero perderon contra os Miami Heat.
O 27 de xullo de 2012, Ivey fichou outra vez cos Sixers.Sixers Sign Free Agent Guard Royal Ivey
O 30 de setembro de 2013, asinou cos Atlanta Hawks, pero foi cortado o 25 de outubro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder