miniatura|Sermón da Montaña. O cristianismo (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión abrahámica monoteísta, que profesa que Xesús foi resucitado de entre os mortos e é o Fillo de Deus, cuxa chegada como o mesías (Cristo) foi profetizada na Biblia hebrea (chamada Antigo Testamento no cristianismo) e narrada no Novo Testamento. É a relixión maioritaria no mundo e máis estendida, con máis de 2 380 millóns de seguidores, o que representa ao redor do 31,2 % da poboación mundial. Estímase que os seus seguidores, coñecidos como cristiáns, constitúen a maioría da poboación en 157 países e territorios.
O cristianismo segue sendo culturamente diverso nas súas ramas occidental e oriental, e doutrinalmente diverso en canto á xustificación e a natureza da salvación, a eclesioloxía, a ordenación, e a cristoloxía. Os credos de varias denominacións cristiás teñen en común a Xesús como o Fillo de Deus —o Logos encarnado—que serviu, sufriu, e morreu nunha cruz, pero resucitou de entre os mortos para a salvación da humanidade; e coñecido como o evanxeo, que significa as «boas novas». Os catro evanxeos canónicos de Mateu, Marcos, Lucas e Xoán describen a vida e os ensinos de Xesús tal e como se conservan na tradición cristiá primitiva, co Antigo Testamento como respectado transfondo dos evanxeos.
O cristianismo comezou no século I, tras a morte de Xesús, como unha seita xudaica con influencia helenística na provincia do Imperio Romano de Xudea. Os discípulos de Xesús espallaron a súa fe por toda a zona do Mediterráneo oriental, a pesar da importante persecución que sufriron. A inclusión dos xentís levou ao cristianismo a separarse lentamente do xudaísmo (século II). O emperador Constantino I descriminalizou o cristianismo no Imperio Romano mediante o Edicto de Milán (313) e, posteriormente, convocou o Concilio de Nicea (325), onde o cristianismo primitivo consolidouse como a relixión estatal do Imperio Romano (380). A Igrexa do Oriente e a ortodoxia oriental dividíronse por diferenzas na cristoloxía (século V), mentres que a Igrexa ortodoxa oriental e a Igrexa católica separáronse no Cisma de Oriente e Occidente (1054). O protestantismo dividiuse en numerosas denominacións da Igrexa católica na época da Reforma (século XVI). Tras a era dos descubrimentos (séculos XV-XVII), o cristianismo expandiuse por todo o mundo a través da labor misioneira, a evanxelización, a inmigración e o comercio extensivo. O cristianismo desempeñou un papel destacado no desenvolvemento da civilización occidental, especialmente en Europa desde a antigüidade tardía e a Idade Media..
As tres principais ramas do cristianismo son o catolicismo romano (1300 millóns de persoas), o protestantismo (625-900 millóns) e a ortodoxia oriental (230 millóns), mentres que outras ramas destacadas inclúen o cristianismo ortodoxo (60 millóns), o restauracionismo (35 millóns), e a Igrexa de Oriente (600,000). Gao and Sawatsky refer to Ellwood, Robert S., The Encyclopedia of World Religions, New York: Infobase Publishing (2008) as their source for this taxonomy. As comunidades eclesiásticas máis pequenas cóntanse por miles, a pesar dos esforzos por lograr a unidade (ecumenismo). No Occidente, o cristianismo segue sendo a relixión dominante, mesmo cun declive no número de fieis, con ao redor do 70 % da poboación identificándose como cristiá. O cristianismo está a medrar en África e Asia, os continentes máis poboados do mundo. Os cristiáns son perseguidos nalgunhas rexións do mundo, especialmente onde son minoría, como en Oriente Medio, África do Norte, Asia Oriental e Asia Meridional.
A doutrina teolóxica básica aparece nos primeiros textos cristiáns, cuxo contido é aceptado pola maioría das confesións cristiás. Estas profesións de fe din que Xesús sufriu, morreu e resucitou de entre os mortos para garantir a vida eterna a aqueles que cren nel e que confían nel para o perdón dos seus pecados. A maioría sosteñen tamén que Xesús subiu ao Ceo e que alí goberna xunto con Deus Pai. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos cristiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Deus Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santa Trindade. miniatura|Crucifixión
Crenzas
Aínda que os cristiáns de todo o mundo comparten conviccións básicas, existen diferenzas de interpretacións e opinións sobre a Biblia e as tradicións sagradas nas que se basea o cristianismo.Olson, The Mosaic of Christian Belief.
Os Credos
Os Credos (do latín credo, "creo") son confesións doutrinais concisas, usualmente de crenzas relixiosas. Naceron como fórmula bautismal e expandíronse durante as discusións cristolóxicas dos séculos IV e V para pasar a ser declaracións de fe. "Xesús é o Señor" é o credo máis antigo do cristianismo e continúa a ser usado, como no Consello Mundial de Igrexas.
O Credo dos Apóstolos (Symbolum Apostolorum) foi desenvolto entre os séculos II e IX. É o Credo máis empregado na liturxia polo cristianismo occidental. Xa que o Credo non se viu afectado por divisións cristolóxicas posteriores, as súas posicións sobre diferentes artigos da fe cristiá seguen a ser aceptábeis para a inmensa maioría das denominacións cristiás: Crenza en Deus Pai, en Xesús Cristo como o Fillo de Deus e no Espírito Santo Na morte, descenso aos infernos, resurrección e ascensión de Cristo. Na santidade da Igrexa e na comuñón dos santos. Na Segunda vinda de Cristo, no Xuízo Final e na salvación dos fieis.
O Credo niceno, unha resposta ao arianismo, foi formulado nos Concilios de Nicea e Constantinopla no 325 e no 381 respectivamenteEncyclopedia of Religion, "Arianism". e ratificado como o Credo universal da Cristiandade polo Primeiro Concilio de Éfeso no 431.Enciclopedia Católica, "Council of Ephesus".
A Definición de Calcedonia, ou Credo de Calcedonia, elaborada no Concilio de Calcedonia do ano 451,Christian History Institute, . aínda que rexeitado polos ortodoxos orientais, ensinou que Cristo «debe ser recoñecido en dúas naturezas, sen confusión, sen cambio, indivisiblemente, inseparablemente»: unha divina e outra humana, e que ambas as naturezas, aínda que perfectas en si mesmas, están con todo perfectamente unidas nunha soa persoa.Pope Leo I, Letter to Flavian
O Credo Atanasiano, aceptado na Igrexa occidental co mesmo status que os credos de Nicea e Calcedonia, di: «Adoramos a un só Deus na Trindade, e á Trindade na Unidade; sen confundir as Persoas nin dividir a Substancia».Enciclopedia Católica, "The Athanasian Creed".
A maioría dos cristiáns (católicos, ortodoxos orientais, Ortodoxos Orientais e protestantes por igual) aceptan o uso de credos e subscriben polo menos un dos credos mencionados anteriormente.
Certos protestantes evanxélicos, aínda que non todos, rexeitan os credos como declaracións definitivas de fe, mesmo estando de acordo con algunha ou toda a substancia dos credos. Tamén rexeitan os credos grupos con raíces no Movemento da Restauración, como a Igrexa Cristiá (Discípulos de Cristo), a Igrexa Cristiá Evanxélica do Canadá e as Igrexas de Cristo.White, Howard A. .Ron Rhodes, The Complete Guide to Christian Denominations, Harvest House Publishers, 2005,
Xesús Cristo miniatura|upright|dereita|Representación de Xesús como un neno coa súa nai, María, a Nai de Deus de Vladimir. Século XII, Rusia.
O principio central do cristianismo é a crenza en Xesús de Nazaret como o Fillo de Deus e o Mesías (Cristo). O título "Mesías" ven da verba hebrea מָשִׁיחַ (māšiáħ), que significa "o unxido". A tradución grega Χριστός (Christós) é de onde provén a verba galega "Cristo".
Os cristiáns cren que Xesús, como Mesías, foi unxido por Deus para salvar aos homes dos seus pecados, e manteñen que en Xesús cumpríronse as profecías mesiánicas do Antigo Testamento. A crenza central do cristianismo é que a través da crenza e aceptación da morte e resurrección de Xesús, a humanidade ferida polo pecado orixinal pode reconciliarse con Deus e xa que logo pode salvarse e obter a promesa da vida eterna.
Aínda que hai moitas diferenzas teolóxicas sobre a natureza de Xesús, xeralmente os cristiáns cren que Xesús é Deus encarnado e "verdadeiro Deus e verdadeiro home" (plenamente divino e plenamente humano). Xa que Xesús fíxose humano, sufriu as dores e tentacións como calquera home, pero non pecou. Ao ser Deus, volveu á vida.
Confesións Os aproximadamente 2 000 000 000 de cristiáns (33% da poboación mundial) agrúpanse, principalmente, en tres correntes: Catolicismo. Ortodoxia. Protestantismo. Esta última, máis que unha confesión propiamente dita, é unha definición, inicialmente cun senso despectivo, para o grupo de credos que naceron no tempo das grandes reformas relixiosas do Renacemento. Indo máis ao detalle poderiamos sinalar as súas principais correntes: Luteranismo. Anglicanismo. Calvinismo. Puritanismo
Historia Primeiros anos Nun principio, o cristianismo foi unha división dentro do xudaísmo, constituída polos seguidores de Xesús de Nazaret. Pouco a pouco, foise separando da doutrina xudía e foi acollendo a pagáns; Isto supuxo un factor de división entre os cristiáns máis conservadores -que defendían que os pagáns debían facerse xudeus antes que cristiáns- e o grupo liderado por Paulo de Tarso, que finalmente rematou imperando. Durante os primeiros séculos da historia cristiá, foise, pouco a pouco, establecendo unha certa xerarquía. Neste tempo, xurdiron as primeiras herexías ou desviacións do dogma orixinal.
As herexías nos séculos III e IV Arrio, na doutrina coñecida como Arianismo, defendía que o Fillo era inferior ó Pai, situándose nun punto intermedio entre humano e divino. Esta crenza condenouse no Concilio de Nicea. Nestorio defendía que Cristo non era verdadeiramente Deus. A súa doutrina, o Nestorianismo, foi condenada no Concilio de Éfeso. No Concilio de Calcedonia condenouse o Monofisismo, que consistía na crenza en que, en Cristo, a natureza humana e divina se mesturaron.
Legalización Co Edicto de Milán, en 313, o emperador Constantino I proclama a liberdade de culto no Imperio Romano; á súa morte bautízase, dándolle así un rango privilexiado á Igrexa católica. No ano 391, Teodosio I prohibe o culto pagán e proclama o Cristianismo como relixión oficial do Imperio.
O Cisma de Oriente Considérase que o Cisma de Oriente tivo lugar no ano 1054, pero as súas causas atópanse varios séculos atrás. Ata entón, as igrexas de Oriente e Occidente fóranse afastando ó longo dos anos debido a criterios culturais e políticos. A principal causa da división entre a Igrexa católica e a que despois recibiría o nome de Igrexa ortodoxa débese, principalmente, á inclusión da cláusula filioque ("e o fillo") no credo de Nicea. Esta inclusión supuña a afirmación de que o Espírito Santo procedía tanto do Pai coma do Fillo, algo que en Oriente non era aceptado.
A Igrexa na Idade Media A Idade Media considérase, tradicionalmente, como o período de esplendor da Igrexa e do Cristianismo, que pasaron a afectar a tódolos estratos da sociedade. Isto debeuse, sobre todo, ó forte contacto producido entre a Igrexa e o poder secular (que non estivo exento de roces, coma o acontecido na Querela das Investiduras), que tamén estivo relacionado co Cisma de Occidente.
O Cisma de Occidente