Ulysses Lee "Junior" Bridgeman, nado en East Chicago (Indiana), o 17 de setembro de 1953 e finado en Louisville, Kentucky, o 11 de marzo de 2025, foi un xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante doce tempadas na NBA. Con 1,96 metros de altura, a súa posición era a de escolta ou aleiro.
Traxectoria deportiva Universidade Xogou durante 4 tempadas cos Cardinals da Universidade de Loiusville, cos que fixo 15,5 puntos e 7,5 rebotes por partido.Ficha de Junior Bridgeman
Profesional Foi elixido na oitava posición do Draft da NBA de 1975 por Los Angeles Lakers, mais foi inmediatamente traspasado a Milwaukee Bucks xunto a Brian Winters a cambio de Kareem Abdul-Jabbar, onde militou durante nove tempadas consecutivas, promediando dobres díxitos en oito das mesmas. A súa mellor tempada foi a 1979-80, cando fixo 17,6 puntos e 3,7 rebotes por partido. En 1984 fichou por Los Angeles Clippers, onde xogou durante dúas tempadas aínda a un bo nivel.
Retirouse no seu equipo de toda a vida, os Bucks, aos 34 anos. Nas súas doce tempadas como profesional tivo unha media de 13,6 puntos e 3,5 rebotes por partido. A súa camiseta co número 2 foi retirada por Milwaukee como homenaxe.
Equipos Milwaukee Bucks (1975-1984) Los Angeles Clippers (1984-1986) Milwaukee Bucks (1986-1987)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en nba.com/historical Estatísticas de Junior Bridgeman
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Nados no condado de Lake, Indiana Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2025