Alexander English, nado o 5 de xaneiro de 1954 en Columbia, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da década dos oitenta e o actual adestrador asistente dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Foi o máximo anotador da década de 1980 con 19.682 puntos.
Xogaba na posición de aleiro, e destacou sobre todo no aspecto anotador. Toda a súa carreira profesional transcorreu na NBA, salvo o último ano, que o fixo na LEGA italiana. Oito veces All-Star, o seu dorsal 2 foi retirado polos Denver Nuggets, e foi eleixido para formar parte do Basketball Hall of Fame.
Traxectoria Universidade A súa vida universitaria transcorreu na súa terra natal, na Universidade de Carolina do Sur, onde fixo en catro anos 17,8 puntos e 9,6 rebortes por partido. Foi titular do seu equipo en todos e cada un dos 111 partidos que disputou como colexial, e converteuse no máximo anotador de toda a historia da súa universidade. A súa camiseta co número 22 foi retirada en homenaxe á súa traxectoria.
Profesional Foi elixido na sexta posición da segunda rolda (23º total) do Draft da NBA de 1976 polos Milwaukee Bucks, onde apenas dispuxo de minutos de xogo, e non puido demostrar a súa valía. Foi traspasdo aos Indiana Pacers, onde en apenas tempada e media fíxose un nome na liga, e comezou a despuntar, terminando de facelo nos Denver Nuggets, onde ao longo de dez tempadas liderou sempre ao seu equipo en anotación, e conseguiu ser o máximo anotador da NBA na tempada 1982-83. Acabou a súa carreira en Italia, no Depi Napoli, onde xogou 18 partidos, promediando, aos seus 38 anos, 13,9 puntos e 4,8 rebotes por partido. As súas estatísticas tras 15 tempadas na NBA foron de 21,5 puntos e 5,5 rebotes.
Equipos Milwaukee Bucks (1976-1978) Indiana Pacers (1978-1980) Denver Nuggets (1980-1990) Dallas Mavericks (1990-1991) Depi Napoli (LEGA, 1992)
Logros persoais Elixido no segundo mellor quinteto da NBA en tres ocasións. Elixido para o All-Star Game en 8 ocasións. Máximo anotador da NBA en 1983. Máximo anotador da década dos 80, con 19 682 puntos. Primeiro xogador da historia en anotar máis de 2 000 puntos en oito tempadas consecutivas. A súa camiseta co número 2 foi retirada por Denver como homenaxe. Membro do Basketball Hall of Fame dende 1997.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en nba.com Estatísticas da súa carreira como xogador Perfil de Alex English no Basketball Hall of Fame
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Columbia, Carolina do Sur