A AG-31 ou Autovía Ourense - Celanova é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta que se atopa actualmente en servizo. A autovía é libre de peaxe e conecta a A-52 con Celanova como alternativa á OU-540. A construción da infraestrutura foi adxudicada en febreiro de 2009 ás empresas ourensás Copasa e Extracohttp://www.xunta.es/Doc/Dog2009.nsf/FichaContenido/1587A?OpenDocument que realizaron un investimento de 121 millóns de euros e terán dereito á explotación da vía durante 30 anos baixo o nome de Autoestrada Ourense Celanova.

Xunto coa construción da autovía levaranse a cabo melloras na OU-540 a partir de Celanova ata a fronteira portuguesa, coa construción de variantes da estrada en Verea e Bande.

Notas

Véxase tamén Outros artigos A-52

Categoría:Autovías autonómicas de Galicia Categoría:Estradas da provincia de Ourense