The Rock é un filme estadounidense de 1996 dirixido por Michael Bay. É un filme de acción que primeiramente transcorre na illa de Alcatraz, e na baía de San Francisco. Está protagonizado por Sean Connery, Nicolas Cage e Ed Harris. Foi producido por Don Simpson, Jerry Bruckheimer e lanzado pola Disney's Hollywood Pictures. O filme está dedicado ao produtor Don Simpsom que morreu antes do lanzamento do filme.

Sinopse Un xeneral (Ed Harris), heroe na Guerra do Vietnam, e os seus comandados apodéranse de poderosas armas químicas e instálanse na prisión de Alcatraz, con 81 reféns. Dende alá, ameazan con disparar as armas sobre San Francisco se 100 millóns de dólares non fosen pagos, sendo que gran parte desta contía será para doar ás familias de soldados americanos que morreran en misións secretas e nunca foran recoñecidas pola patria. Para combatelos, un grupo de elite é mandado para a illa e entre eles está un especialista novo en armas bioquímicas (Nicolas Cage) e o único home (Sean Connery) que escapou do presidio, só que agora terá que entrar e, se é posíbel, completar a súa misión e saír vivo.

Elenco Sean Connery como John Patrick Mason Nicolas Cage como Dr. Stanley Goodspeed Ed Harris como Xeneral Francis X. Hummel John Spencer como Director do FBI Womack David Morse como Alcalde Tom Baxter William Forsythe como Ernest Paxton Michael Biehn como Comandante Anderson Vanessa Marcil como Carla Pestalozzi John C. McGinley como Capitán da Mariña Hendrix Gregory Sporleder como Capitán Frye Tony Todd como Capitán Darrow Bokeem Woodbine como Sarxento Crisp Jim Maniaci como Soldado Scarpetti Danny Nucci como Tenente Shepard Claire Forlani como Jade Angelou James Caviezel como Piloto Philip Baker Hall como Xefe Stuart Wilson como Xeneral Kramer

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Bay Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes sobre terrorismo