Thor é un superheroe de banda deseñada baseado no deus do trono da mitoloxía nórdica. Creado por Stan Lee e Jack Kirby para Marvel Comics, apareceu por primeira vez en Journey into Mystery #83 (1962).
Procedente de Asgard (o ceo dos nórdicos), fillo de Odín e Gaia, dispón dunha forza e vitalidade sobrehumana, e unha lonxevidade de séculos. Co seu martelo Mjolnir, encantado polo seu pai pode voar, crear portais dimensionais, convocar ao raio e á tormenta.
Categoría:Personaxes de Marvel Comics Categoría:Superheroes