Charles Jerome "Chuck" Daly, nado o 20 de xullo de 1930 en St. Marys (Pensilvania) e finado o 9 de maio de 2009 en Jupiter, Florida, foi adestrador profesional de baloncesto. Foi famoso por adestrar aos Detroit Pistons dos "Bad Boys", gañando dous campionatos consecutivos en 1989 e 1990, e ao "Dream Team" dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Durante as súas 14 tempadas na NBA, tamén dirixiu a Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets e Orlando Magic. O 9 de maio de 1994 foi incluído no Basketball Hall of Fame.
Adestrador Daly creceu en Kane, Pensilvania, e asistiu á St. Callistus Catholic School. Xogou ao baloncesto na Universidade de St. Bonaventure (Nova York) (1948-49) e na Bloomsburg Universidade de Pensilvania (1949-52). Daly comezou a súa carreira de adestrador a nivel de instituto, adestrando a Punxsutawney e liderandole a unha marca de 111-70 (61.3%) de 1955-63.
Posteriormente serviu como asistente á Universidade Duke (1963-69), e foi adestrador de Boston College (1969-71) e á Universidade de Pensilvania (1971-77). En Penn, liderou aos Quakers a catro Ivy League consecutivas, aparecendo no Torneo NCAA desde 1972 até 1975. En 1971 e 1972, os Quakers chegaron até as Finais Rexionais do Leste da NCAA, quedando o equipo invicto na tempada 1970-71. En total, a súa marca era de 151-62 até antes de entrar na NBA. En 1978, traballou como asistente en Philadelphia 76ers, axudando ao adestrador Billy Cunningham. O 9 de maio de 2009 Chuck Daly faleceu por mor dun cancro de páncreas, diagnosticado tres meses atrás.
Traxectoria Ano Equipo Balance Playoff1981-82 Cleveland 9-32 Non1983-84 Detroit 49-33 2-31984-85 Detroit 46-36 5-41985-86 Detroit 46-36 1-31986-87 Detroit 52-30 10-51987-88 Detroit 54-28 14-9 1988-89 Detroit 63-19 15-2* 1989-90 Detroit 59-23 15-5*1990-91 Detroit 50-32 7-81991-92 Detroit 48-34 2-3 1992-93 New Jersey 43-39 2-31993-94 New Jersey 45-37 2-31997-98 Orlando 41-41 Non1998-99 Orlando 33-17 1-3 Total 14 tempadas 638-437 75-51 *Gañado anel da NBA.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas DatabaseBasketball.com: Chuck Daly Páxina de Chuck Daly na web do Hall of Fame Detroit Pistons Historia: 1983-1986 Estatísticas de Chuck Daly
Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Adestradores dos Detroit Pistons Categoría:Adestradores dos New Jersey Nets Categoría:Adestradores dos Orlando Magic Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Finados por cancro de páncreas