Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.
Traxectoria É licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e mestre de educación infantil e primaria en excedencia desde 1990. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018, cando presentou a súa baixa voluntaria para abrir unha nova etapa e seguir vencellado ao grupo só como asesorManuel Bragado causou baixa como Director Xeral de Xerais a petición propia , no blog de Xerais o 12 de abril de 2018.. Reincorporouse ao ensino como orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela. Xa fora foi profesor de Edición e actividade editorial do Mestrado en Edición 2009/2010 das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
É presidente da Fundación Luzes, membro do consello editorial da revista Luzes, secretario da Asociación Premios da Crítica de Galicia, membro do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, membro do Instituto de Estudios Vigueses, do padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da Sociedade Jules Verne de Vigo, do STEG e de Amnistía Internacional. Foi presidente da Asociación Galega de Editores (2010-2014), de Culturgal (2014-2017), da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88), director da Revista Galega de Educación (1986-2000), membro da sección de «Lingua, literatura e comunicación» do Consello da Cultura Galega e redactor de «Lingua e edición» (Lingua e Cultura do Proxecto Galicia 2010).
Participou no consello de redacción d’ A Pizarra (suplemento de educación de Faro de Vigo, 1982-1986), Na escola (suplemento de educación de La Región e Atlántico diario, 1987-1989). No Faro de Vigo publicou semanalmente dende 1999 a sección «Campo de Granada», sobre actualidade socio-cultural de carácter local (1086 artigos ata agosto de 2021), «Campo do Fragoso» de reflexión futbolística (232 artigos ata 2019) e a columna política «Brétemas» na revista Luzes.gal. Tamén colaborou en Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza e na Radio Galega dende 2000, durante unha década no faladoiro «A Crónica». Tamén publicou en revistas especializados como Boletín da Real Academia Galega, Grial, Revista Galega de Educación, Festa da palabra silenciada.
Dende 2005 mantén aberto o blog Brétemas O 3 de xaneiro de 2025, a bitácora cumpre vinte anos de moita actividade, disto dan conta as 6.666 anotacións e ten recibido e os 9.558 comentarios. Nela, segundo palabras do propio autor: "pode seguirse o meu relato en primeira persoa de anos intensos e difíciles da miña vida profesional como editor e mestre, mais tamén as miñas intervencións políticas e as miñas preferencias literarias, musicais, artísticas e deportivas, con especial atención a traxectoria do Celta de Vigo e da divulgación da historia e memoria da cidade de Vigo. Un abano temático diverso, froito (probablemente) da miña paixón pola lectura e pola curiosidade por aprender, que por ventura non perdín nin abandonei." Nela ten publicado diversas series como a de «Onte» onde realizou un seguimento de temas editoriais, literarios políticos e de actualidade.
Foi unha das cabezas visíbeis da plataforma cívica a prol da lingua galega ProLingua.
Obras
Dona Carme (1989). Vigo: Ir Indo edicións. 24 páxs. Ilustracións de Pepe Carreiro. ISBN 9788476800355. Para primeiros lectores. O proxecto curricular de centro (1992). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-617-3. A educación primaria (1993). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-700-5. Vigo, puro milagre (2019). Vigo: Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9121-612-4. Medio cento de crónicas arredor de Vigo. Prólogo de Ledicia Costas e epílogo de Pedro Feijoo. ePub: ISBN 978-84-9121-612-4. Vigo, abella da ribeira (2023). Vigo: Xerais. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-240-7. ePub: ISBN 978-84-1110-248-3. Reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Afouteza Celtista (2026). Luscofusco Edicións, Elvira. 320 páxs. ISBN 9791399166835. Unha «gramática do fútbol celeste» que percorre os últimos anos do equipo a través das crónicas publicadas no Faro de Vigo baixo o epígrafe 'Campo do Fragoso'.
Libros colectivos
Labia-xogos de lingua (2007). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-7507-658-4. Con Montserrat Vilà i Santasusana, Lola Badia Pàmies. A Memoria de Mondariz-Balneario: álbum de postais (2003). Vigo: Xerais. Con Carlos Díaz Martínez, e Xerardo Álvarez Limeses. ISBN 978-84-9782-023-3. Marxes: guía ilustrada do Vigo rebelde (2021). Vigo: Xerais. Con Xurxo Martínez González, David Rodríguez Rodríguez. ISBN 978-84-9121-703-9.
Premios
2000: Premio Gómez Román convocado polo concello de Vigo polos artigos no Faro de Vigo. 2009: Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog, repetido en 2010, 2011 e 2012. 2010: Premio AELG Blog Literario. 2014: Premio de xornalismo Fernández del Riego. 2019: Premio Gala do Libro Galego á traxectoria dun proxecto literario na rede. 2019: Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio e investigación. 2024: Premio «Lenda de Recreo» no marco do HematoFesti de Vigo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Brétemas, blog de Manolo Bragado
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega