Eduardo Alonso Nájera Pérez, nado o 11 de xullo de 1976 en Meoqui, Chihuahua, é un ex xogador profesional mexicano de baloncesto. Foi o segundo xogador mexicano en xogar na NBA. Durante a súa carreira, xogou para Dallas Mavericks, Golden State Warriors, Denver Nuggets, New Jersey Nets e Charlotte Bobcats. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de aleiro.
Traxectoria deportiva Universidade Nájera xogou ao baloncesto universitario estadounidense na Universidade de Oklahoma, en Norman, Oklahoma, de 1997 ao ano 2000, converténdose nunha das principais estrelas. Axudou a levar ao equipo a catro aparicións consecutivas nos torneos de NCAA durante a súa carreira universitaria. Declarándose posteriormente elixible no draft da NBA, sendo escollido polos Houston Rockets na segunda rolda e sendo inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks. Terminou a súa carreira universitaria en Oklahoma terceiro en minutos xogados (3.856), cuarto en roubos (193), quinto en rebotes (910) e sexto en tiros bloqueados (89).
NBA Nájera xogou 40 partidos (4 de titular) para Dallas na súa primeira tempada na NBA. Durante a súa carreira na NBA foi varias veces cambiando de equipo, xogando dende a súa marcha de Dallas en 2004 nos Golden State Warriors, Denver Nuggets e New Jersey Nets. Finalmente o 11 de xaneiro de 2010 foi traspasado de volta aos Dallas Mavericks nun intercambio que enviaba a Nova Jersey a Kris Humphries e a Shawne Williams. No verán de 2010 foi traspasado aos Charlotte Bobcats
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Jason Kidd
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de México Categoría:Nados en 1976 Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Nados no estado de Chihuahua