Timothy "Tim" Mark Thomas, nado o 26 de febreiro de 1977 en Paterson, Nova Jersey, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,98 metros xogaba na posición de ala.
Carreira Universidade Thomas asistiu á Universidade de Villanova, onde xogou ao baloncesto unha tempada antes de dar o salto á NBA. No seu único ano, fixo medias de 16,9 puntos, 6 rebotes e 2,1 asistencias por partido.
NBA Foi seleccionado por New Jersey Nets na sétima posición do Draft da NBA de 1997, sendo traspasado inmediatamente a Philadelphia 76ers a cambio do tamén rookie Keith Van Horn. Nos 76ers disputou unha tempada e media, facendo 11 puntos e 3.7 rebotes por partido na súa primeira campaña na liga e sendo incluído no segundo mellor quinteto de rookies. En 1999 foi traspasado a Milwaukee Bucks, equipo liderado por Ray Allen e Sam Cassell no que se convertería nun dos mellores sextos homes da NBA. A súa mellor tempada alí foi a 2002-03, na que fixo 13,3 puntos por noite. En 2004 foi traspasado, de novo a cambio de Van Horn, a New York Knicks. Na "gran mazá" só pasou unha tempada e media.
No verán de 2005 foi novamente traspasado, esta vez a Chicago Bulls xunto con Michael Sweetney por Eddy Curry. En Chicago só xogou tres partidos, sendo cortado en marzo e terminando a tempada en Phoenix Suns, onde foi peza clave na eliminatoria ante Los Angeles Lakers en playoffs. No sexto encontro da serie, os Suns ían tres abaixo no marcador, empatando grazas a un triplo de Thomas para posteriormente gañar na prórroga e forzar o sétimo partido. En xullo de 2006, Thomas asinou un contrato de 4 anos e 20 millóns de dólares con Los Angeles Clippers. Na súa primeira campaña en California fixo 11 puntos e 5 rebotes en 76 partidos.
O 21 de novembro de 2008 foi traspasado a New York Knicks xunto con Cuttino Mobley a cambio de Zach Randolph e Mardy Collins. Tres meses despois foi enviado a Chicago Bulls xunto con Jerome James e Anthony Roberson por Larry Hughes. O 28 de xullo de 2009 fichou por Dallas Mavericks como axente libre.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados no condado de Passaic, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks