Shawn Paul Bradley, nado o 22 de marzo de 1972 en Landstuhl, Renania-Palatinado (daquela Alemaña do Oeste) é un ex xogador de baloncesto con nacionalidade xermano-estadounidense da National Basketball Association (NBA). Cos seus 2,29 metros de estatura, foi un xogador lento, pero de gran manexo do tempo, sobre todo na face defensiva do xogo.

Traxectoria Xogou na Universidade de Brigham Young, aínda que só o fixo durante unha tempada, xa que tomou a decisión de pasar dous anos nunha misión mormoa en Australia. Foi seleccionado na segunda posición por Philadelphia 76ers no Draft da NBA de 1993. A partir do seu inicio como xogador profesional da NBA situouse como un dos grandes taponadores de todos os tempos.

Ao longo da súa carreira fixo total de 2.119 en tan só 832 partidos, cunha media 2.55 tapóns por encontro ao longo de toda a súa carreira, unha das máis altas da historia da NBA. Xogou en Philadelphia 76ers, New Jersey Nets e por último para Dallas Mavericks, equipo no cal anunciou a súa retirada en 2005, deixando atrás un historial de dezaseis tempadas como profesional. Ao finalizar a súa carreira, fíxoo sendo dono de varios récords para os equipos nos que xogou na estatística de tapóns, e posúe unha estraña marca na historia da liga: é o único xogador que bloqueou 10 ou máis lanzamentos en dous partidos consecutivos, e fíxoo en dúas ocasións diferentes.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en nba.com Estatísticas de Shawn Bradley

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Alemaña Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Renania-Palatinado