Hubert Ira Davis Jr., nado o 17 de maio de 1970 en Winston-Salem, Carolina do Norte, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). É sobriño do tamén xogador profesional Walter Davis.
Carreira Asistiu á Universidade de Carolina do Norte, onde fixo 21,4 puntos por partido na súa última tempada, consagrándose como un fiable tirador de tres puntos. De feito, fixo unha media de puntos meirande que a de calquera outro xogador de baloncesto baixo a tutela do adestrador Dean Smith, incluso Michael Jordan.
Foi seleccionado na 20ª posición do Draft da NBA de 1992 por New York Knicks. Estivo en activo até 2004, pasando por New York Knicks, Toronto Raptors, Dallas Mavericks, Washington Wizards, Detroit Pistons e New Jersey Nets. Dende 2008 traballa como analista do baloncesto universitario e aparece en College Gameday, un show da ESPN.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en nba.com Estatísticas de Hubert Davis
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Winston-Salem, Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Estadounidenses de ascendencia cherokee