Jorge Malla Valle, coñecido como Coque Malla, nado en Madrid o 22 de outubro de 1969, é un actor español, e o líder do grupo de rock Los Ronaldos.

Traxectoria Fillo do actor Gerardo Malla e da actriz Amparo Valle, nace en Madrid en 1969. Aos 15 anos, xunto con Ricardo Moreno, Luís García e Luís Martín forma o grupo de rock Los Ronaldos, do que será voz, guitarra e líder. Cos Ronaldos grava cinco discos: Los Ronaldos, Saca la lengua, Sabor salado, 0 e Idiota. Conseguindo grandes éxitos con cancións como "Adiós papá", "Quiero más", "Qué vamos a hacer", "Por las noches" etc. A fama levaraos a facer xiras por España, Chile e Cuba. O grupo disólvese en 1998.

En 1995 colabora no éxito de Los Rodríguez, "Mucho Mejor", do disco Palabras más, palabras menos. A partir de entón traballa na súa carreira en solitario e na súa faceta de actor en películas como Todo es mentira.

En 2006 colabora co grupo musical Pereza, no disco Los amigos de los animales, no tema "Algo para cantar". En 2007 colabora con Ariel Rot, no disco Dúos, tríos y otras perversiones, no tema "El tiempo lo dirá".

En 2010 cede a canción do seu grupo Los Ronaldos "No puedo vivir sin ti" para unha campaña publicitaria da marca IKEA.

Discografía Soy un astronauta más (1999) Sueños (2004) La hora de los gigantes (2009)

Filmografía Días de cine (2007) Schubert (2005) Sex (2003) Nada en la nevera (1998) La leyenda de Balthasar el Castrado (1996) El Efecto mariposa (1995) Todo es mentira (1994) ¡Dispara! (1993) Madregilda (1993) El columpio (1992)

Véxase tamén Ligazóns externas Página oficial de Coque Malla Página oficial de los Ronaldos

Categoría:Cantantes de España Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1969