miniatura|Estrutura da molécula. O esterano, tamén chamado ciclopentanoperhidrofenantreno ou gonano, é unha molécula complexa procedente dun hidrocarburo policíclico que se pode considerar produto da saturación do fenantreno asociado a un anel de ciclopentano. Posúe 17 átomos de carbono. Desta base estrutural derivan os esteroides, que son a molécula base para multitude de moléculas de orixe lipídico, como os esterois (colesterol), ácidos biliares e hormonas esteroideas como as sexuais.

As substancias que derivan deste núcleo amosan grupos metilo -CH3, nas posicións 10 e 13 para integrar os carbonos 18 e 19; xeralmente existe unha cadea lateral no carbono 17, a lonxitude de dita cadea e a presenza de metilos no carbono 10 e 13 determina as diferentes estruturas destas substancias.

Ten a mesma estrutura química básica cós esteroides, por exemplo o colesterol, o cal é un compoñente importante das membranas plasmáticas eucariotas e atópase en menor medida nas membranas dos orgánulos. O colesterol é moi importante, xa que tamén é o precursor de todas as hormonas esteroides e dos ácidos biliares.

Categoría:Bioquímica Categoría:Hidrocarburos Categoría:Esteroides