O Club de Campo Villa de Madrid é un club deportivo da cidade de Madrid, España. Foi fundado en 1931 e en 2007 contaba cuns 20.000 socios. Destaca sobre todo a sección de hóckey herba, tanto o seu equipo masculino coma feminino.

Seccións Hóckey herba. Tenis. Pádel. Hípica. Xadrez. Natación. Bridge. Patinaxe. Tiro olímpico.

Historia En 1931 un grupo de xoves pertencentes á alta sociedade madrileña creou o Club de Campo. En 1942 produciuse a fusión do Club de Campo coa Real Sociedad Hípica Española. A nova sociedade destacou especialmente na hípica e o hóckey herba, principais disciplinas practicadas no club.

Dende 1984, data na que o Concello de Madrid fixo efectivos os seus dereitos sobre parte dos terreos nos que se localiza o club, a sociedade está participada polo Concello como socio maioritario, polo Patrimonio do Estado, e pola antiga Real Sociedade Hípica Española Club de Campo.

Palmarés da sección de hóckey herba Masculino 1 Liga Española: 1958. 11 Copas do Rei: 1934, 1935, 1936, 1940, 1953, 1954, 1956, 1977, 1978, 2004 e 2005. 1 Recopa de Europa: 2005.

Feminino 14 Ligas españolas: 1974, 1975, 1976, 1984, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991, 1992, 1995, 2004, 2007 e 2009. 9 Copas da Raíña: 1989, 1991, 1992, 1995, 1999, 2006, 2008, 2009 e 2010. Subcampión da Recopa de Europa: 2009.http://www.marca.com/2009/04/13/mas_deportes/otros_deportes/1239650398.html El Club de Campo cayó en la final de la Recopa ante el Amsterdam H&BC

Notas

Ligazóns Site oficial

Categoría:Equipos de hóckey herba de España