Francisco Javier Vales Faílde, nado en Fornas (San Salvador de Camba, Rodeiro)Porén, , e , din que naceu en Lalín. Hai que ter en consideración que Rodeiro pertence ao Partido de Lalín e así o expresa : Nació en el lugar de Fornas, parroquia de San Salvador de Camba, del partido de Lalín… o 7 de decembro de 1872 e finado en Madrid o 30 de marzo de 1923, foi un avogado, sacerdote, conferenciante e escritor galego, auditor do Tribunal da Rota, vinculado á corte do rei Afonso XIII. Foi membro académico de varias institucións.
Sobre a causa do seu pasamento hai varias versións, sendo a máis aceptada que se suicidou feríndose cunha navalla de afeitar.
Traxectoria Fillo de José María Vales García (xuíz municipal, alcalde de Rodeiro e deputado provincial) e de Carmen Faílde Tojo,La Región 1/4/1923 . por liña paterna era parente do que fora arcebispo de Zaragoza, Manuel García Gil, e por liña materna de José Antonio Rivadeneira, bispo de Valladolid. Realizou os seus primeiros estudos en Chantada e Ourense. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou teoloxía co seu tío Benito Faílde Ribadeneira, deán da Catedral de Santa María de Tui, celebrando a súa primeira misa no pazo materno de Faílde, na parroquia de Santo Estevo do Salto de Agoela.
Trasladouse a Madrid, onde entrou ao servizo do xeneral Valeriano Weyler, como profesor dos seus fillos. Weyker presentouno ao bispo Victoriano Guisasola Menéndez. En 1899 foi nomeado vicario xeral da diocese, ocupando a cátedra de Principio de Economía Cristiá do Seminario. En 1903 foi nomeado Provisor de Guisasola (que era bispo de Madrid-Alcalá desde 1901) e en 1914 nomeado xuíz auditor de número no Tribunal da Rota da Nunciatura. Dominaba o francés e o inglés. En 1913 asistiu en Londres a un congreso internacional para a represión da inmoralidade. Foi capelán do rei Afonso XIII, párroco do Real Palacio, confesor e conselleiro espiritual da raíña consorte Vitoria Uxía de Battenberg e mestre do Príncipe de Asturias, Afonso de Borbón e Battenberg, e dos infantes.
Colaborador de varios xornais católicos galegos, publicou traballos de socioloxía, literatura e dereito canónico. Dende 1907 dirixiu a revista Galicia. Interesado polos temas sociais, colaborou na Revista Social, editada por Acción Social Popular de Barcelona e en El Universo (Madrid). Foi posuidor dunha biblioteca persoal á que acudían galegos de renome aveciñados en Madrid, como Basilio Álvarez ou Emilia Pardo Bazán.
Foi membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas,Académicos RACMYP. correspondente da Real Academia da Historia, vicepresidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de España, reitor da Academia Universitaria Católica de Madrid, correspondente da Real Academia Galega.Académicos e académicas. Correspondentes RAG. e membro do Padroado Real para a Represión da Trata de Brancas.
Cando se suicidou en Madrid en marzo de 1923, cortando o pescozo cunha navalla de afeitar, estaba proposto para bispo de Sión, Vicario xeral castrense e Patriarca das Indias Occidentais, sucedendo nos tres cargos a Jaime Cardona Tur, finado o 3 de xaneiro dese ano.
Obras miniatura|300px|Vales Faílde con Afonso de Borbón e Battenberg, Príncipe de Asturias, e o Conde do Grove (Juan Loriga e Herrera-Dávila). Causas que sostienen las considerables emigraciones a América y medios de evitarlas, 1901. La emigración gallega, 1902, con prólogo de Antonino Cerviño González. Rosalía de Castro, 1906. El autor de la Salve, San Pedro Mezonzo, 1907. Estudo sobre o autor en La Salve explicada, de Manuel Vidal Rodríguez, 1907. Ernestina Manuel de Villena, 1908. Un sociólogo purpurado. El cardenal Sancha, 1909. Crisis de la familia obrera, 1910. Introito en Figuras del Congreso Eucarístico de 1911. La protection des jeunes filles en Espagne, 1912. Federico Ozanam, fundador de la Sociedad de San Vicente de Paúl, 1913. Causas canónicas para el divorcio, 1916. La emperatriz Isabel, 1917. Carlos I no fué ingrato con Cisneros, 1918. La Rota Española, 1920.Discurso lido no acto de recepción na RACMYP e contestación de Juan Armada Losada, Marqués de Figueiroa. Disolución del matrimonio rato, 1921.
Biblioteca virtual
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua francesa Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Suicidios en 1923 Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Finados por arma branca Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Ensaístas de Galicia