Córsega (en , forma oficial; en , , ) é unha illa francesa localizada no Mediterráneo. Constitúe unha rexión administrativa homónima, dividida en dous departamentos, a Alta Córsega e Córsega do Sur. Está ao sur da Francia continental, ao oeste da Italia continental e ao norte da illa de Sardeña.
Historia Da época romana á ocupación xenovesa Os foceos fundaron cara ao ano 565 a. C. unha colonia no leste da illa, AlaliaClaude Orrieux e Pauline Schmitt PantelA History of Ancient Greece. Wiley-Blackwell, 1999, páxina 44. A illa, tras estar baixo influencia cartaxinesa, pasará a mans de Roma arredor do ano 237 a. C., permanecendo baixo o seu dominio até a invasión vándala de 430 d. C., aínda que posteriormente será recuperada polo Imperio Bizantino noventa e dous ano despois, no 522. Coa caída do Imperio Bizantino a illa quedará a mercé de múltiples invasións, dende os árabes até os xenoveses e lombardos. Despois da batalla de Meloria a illa finalmente pasará a mans de Xénova, permanecendo baixo o seu dominio até 1768, exceptuando o período entre 1296 e 1434 no que estará en mans da Coroa de Aragón e o de entre 1553 e 1559 nos que pasará a dominio francés.
O Reino da Córsega miniatura|150px|esquerda|Pasquale Paoli miniatura|esquerda|150px|Bandeira da República Corsa Baixo dominio xenovés os corsos levarán a cabo constantes revoltas e intentos emancipadores, chegando a converterse na primeira nación democrática constitucional no mundo, primeiro coa iniciativa da constitución, datando a primeira de despois da revolución de 1735 e a segunda constitución do 1755. Así pois Córsega constituíuse como unha República independente, aínda que mantiña o nome de "Reino da Córsega" por considerar raíña á Virxe María.
A figura máis importante da identidade corsa nesa época foi Pasquale Paoli, defensor da independencia da illa ante xenoveses e franceses e partícipe da Constitución de 1755, a primeira Constitución do mundo inspirada nos principios da Ilustración. Foi tamén en tempos de Paoli cando se adoptou a U Moru (Testa Moura) como emblema nacional.
A retirada xenovesa e a ocupación francesa Finalmente, incapaz de enfrontarse as constantes revoltas e levantamentos independentistas, Xénova retirarase da illa en 1768, non sen antes vender os seus dereitos sobre ela a Francia que pasará a ocupala inmediatamente. As tropas francesas derrotaron ao exército de Pasquale Paoli na batalla de Ponte Novu (na Alta Córsega) os días 8 e 9 de maio de 1769, mais Paoli procurará o apoio británico para liberar a illa e en 1794 o rei Xurxo III da Gran Bretaña proclamarase Rei de Córsega, volvendo a ser independente neste breve período do reino Anglo-Corso, de 1794 a 1796, ano no que as tropas francesas recuperaron novamente a illa.
No ano 1769 ten lugar en Ajaccio o nacemento de Napoleón Bonaparte, personalidade que comezará, na súa mocidade, sendo un independentista corso e acabará sendo nomeado emperador do Imperio francés. O control francés sobre a illa será ininterrompido a partir de entón. Tras un primeiro intento en 1805, do que se conseguiu unha moratoria, o goberno francés declara o 4 de agosto de 1848 a oficialidade única da lingua francesa, coa conseguinte nulidade de calquera acto público efectuado en corso, a lingua maioritaria da poboación.
As Guerras Mundiais miniatura|263px|Porto de Bastia. Despois da primeira guerra mundial, Córsega, con 20.000 mortos, foi a rexión do Estado francés con máis baixas bélicas proporcionais á súa poboación.
Na segunda guerra mundial, a illa foi ocupada polos italianos entre 1939 e 1943. O réxime fascista italiano proclamou varias veces as súas reivindicacións territoriais sobre a illa, polo que non pode entenderse a ocupación só como parte dunha acción bélica. No 1943, tras o armisticio italiano, serán as tropas nazis as que pasen a ter o control sobre a illa. A Resistencia, alentada por De Gaulle estará formada por soldados franceses, tropas antifascistas italianas e guerrilleiros corsos. Serán estes dous últimos corpos nunha actuación conxunta os primeiros en liberar a illa da ocupación, deixando a honra ao exército francés, de ser os primeiros en tomar Bastia.
Os pied-noirs e o inicio da crise miniatura|180px|dereita|Cartel bilingüe francés/corso, no cal está tachada a versión francesa miniatura|180px|dereita|Monumento a Pasquale Paoli Nos anos 1957 e 1965, Córsega recibiu sendas chegadas masivas de pied-noirs, ex-colonos franceses escapados da facía pouco liberada Alxeria. Estes antigos colonos recibirán o 90% das terras reservadas aos campesiños corsos nos planos agrarios da posguerra, desestabilizando a economía e o equilibrio de poboación da illa. Esta masa de poboación aínda hoxe son os principais defensores da unión de Córsega co Estado francés así como a oficialidade única da lingua francesa.
O descontento social irá in crescendo dende principios dos anos 1960 até os nosos días. No ano 1968 fúndanse as asociacións Fronte Rexionalista Corsa (FRC) e Acción Rexionalista Corsa (ARC), máis adicado á cuestión agraria. Os dous grupos nacen cun ideario rexionalista, que irá pasando co paso dos anos ao autonomismo e de aí ao nacionalismo independentista.
Do rexionalismo ao independentismo Dous feitos marcan de xeito especial esta evolución. O primeiro son as protestas contra a empresa italiana Montedison, responsábel da vertedura de residuos en augas territoriais corsas entre os anos 1972 e 1973. A falta de reacción por parte do Estado francés leva a grupos de cidadáns armados a tomar os barcos pola forza e dinamitalos despois.
O outro feito foron os chamados "Acontecementos de Aleria", principalmente a toma de Cave Depeille, unha leira agrícola en mans dunha familia de pied-noirs mesturada en escándalos fiscais e financeiros. A toma fíxose por parte dun grupo de autonomistas armados con escopetas, e liderados polo médico de Bastia e portavoz da ARC Edmundu Simeoni. Simeoni viña de redactar o día anterior un documento no que esixía o recoñecemento do bilingüismo corso-francés, o cumprimento das promesas feitas polo Estado e denunciando fraudes electorais no voto por correo.
Esta acción encadrábase co reforzo nas teses nacionalistas feitas pola ARC ese mesmo ano. Dende o cambio de nome, pasando a chamarse Acción para o Renacemento Corso en xullo do 1975, até unha recuperación das reivindicacións asociadas á lingua corsa, pasando pola petición da reapertura da única Universidade da illa, fundada por Pasquale Paoli e fechada dende a primeira ocupación francesa.
O grupo que toma Cave Depeille desaloxa aos seus propietarios sen causarlles ningún dano e iza a bandeira da Testa Moura sobre a leira. O Estado francés organiza unha reacción armada formada por 1200 homes apoiados por carros de combate e helicópteros. Na toma da leira, o 22 de agosto de 1975 morren dous xendarmes e dous militantes corsos resultan feridos. A leira será incendiada esa mesma noite por individuos anónimos e permanece en ruínas dende entón. Os ocupantes serán engaiolados en París e o ARC ilegalizado o 27 de agosto, só cinco días despois.
A clandestinidade radicalizará o movemento nacionalista corso cara ao independentismo, a noite do mesmo 27 de agosto graves tumultos teñen lugar en Bastia, provocando a morte dun xendarme. Fúndase así a Fronte di Liberazione Naziunale Corsu, FLNC (Fronte de Liberación Nacional Corsa), na que conflúen a Fronte Paesanu Corsu di Liberazione (Fronte Campesiña Corsa de Liberación), FPCL, fundada en 1973 e Ghjustizia Paolina (Xustiza Paolina), fundada en 1974 e que xa reivindicara varios atentados con explosivos sen vítimas. Na noite do 4 de maio de 1976 acontecerán 22 atentados con explosivos na illa e un ataque contra o Pazo de Xustiza de Marsella, comezando unha longa serie de actividades armadas que aínda non tiveron un fin definitivo.
Dos anos 80 á actualidade Nos anos 1980 o panorama político corso vai diversificarse. Por unha banda aparece o Unione di u Populu Corsu, UPC (Unión do Pobo Corso), partido encabezado por Edmundu Simeoni e de tendencia socialista e autonomista e por outra en 1980 o FLNC tenta por en marcha un brazo político, que se caracterizará polas súas múltiples escisións. Este feito, unido a outros factores, como a ilegalización absoluta do FLNC en 1983 ou o aumento de prácticas de recadación de imposto revolucionario por parte desa formación que rozaban as técnicas mafiosas, fixeron que o activismo armado reducise a súa intensidade e que a súa representación política ficase atomizada e con pouca representatividade.
En 1990 as forzas independentistas escindidas reagrúpanse en Corsica Nazione (Córsega Nación) converténdose nun dos partidos con máis representatividade dentro da illa. Algúns dos logros acadados polo nacionalismo corso foron a reapertura en 1981 da Universidade fundada por Pasquale Paoli, fechada dende 1769 e a concesión por François Mitterrand dun Estatuto Particular á rexión en 1982. Porén, aspectos como a cooficialidade da lingua corsa seguen, a día de hoxe, nun estado moi precario e difícil de acadarse. Hoxe en día, a rexión de Córsega pertence a Francia e constitúe a Colectividade territorial de Córsega (CTC) dende o 13 de maio do 1991
Xeografía miniatura|Vista satélite de Córsega miniatura|O Monte Cinto Córsega é unha illa alongada en sentido norte-sur de 183 km de lonxitude na súa parte máis longa e 83 km na súa parte máis ancha. Está situada a 160 km aproximadamente ao sueste da costa provenzal, 82 km ao oeste da Toscana e a só 12 km ao norte de Sardeña. Máis ben boscosa e montañosa, na costa sur predominan os cantís escarpados. Está situada xunto con Sardeña nun micro-placa continental separada da de Francia e de Italia chamada "bloque corso-sardo". O brazo de mar que a separa da súa illa irmá é coñecido coma o Estreito de Bonifacio, de pouca profundidade, ao contrario que a costa que a separa da Toscana que chega a acadar entre 400 e 500 m de profundidade.
Os gregos bautizaran esta illa do mar Mediterráneo Kallisté, a máis bonita. Hoxe, coñécese a Córsega co nome de illa da Beleza. Grazas aos seus mil quilómetros de costas, dos cales aproximadamente 300 son de area fina, Córsega é un moi popular para os deportistas náuticos e submarinistas. Porén, Córsega é igualmente e unha illa moi montañosa, nas que as montañas abarcan arredor de dous terzos da illa. O seu punto máis alto é o monte Cinto, que acada unha altura de 2.706 msnm. A principios do século XX tamén foi alcumada a illa verde, diferenciándoa doutras illas mediterráneas, polo xeral moito máis áridas.
Xeoloxía Córsega pódese considerar como unha montaña dentro do Mediterráneo, ofrecendo grandes rexións naturais que corresponden a diversos conxuntos xeolóxicos. Estas rexións son coñecidas como a Córsega Cristalina, a Córsega Alpina, a Depresión central, a Chaira oriental e a Córsega calcaria.
Ríos A illa é atravesa por numerosos ríos, algúns con afluentes. Estes río orixínanse nos lagos interiores ou nos portos de montaña, fluíndo a través de gorxas con rápidos e cataratas, para de seguido fluír a través de meandros de depósitos aluviais costeiros antes de descargar no mar. Os principais ríos son o Golo, o Tavignano, o Fium Orbo, o Travo, o Rizzanese, o Taravo, o Gravona, o Prunelli, o Liamine, o Porto e o Fango.
Demografía
Cultura Lingua miniatura|230px|Mapa dos dialectos corsos Artigo principal: Lingua corsa O idioma oficial da illa é o francés, aínda que o corso goza dunha certa oficialidade e ten status de lingua rexional, lingua que pode verse na sinalización e é ensinada case obrigatoriamente en tódalas escolas. O corso é unha lingua neolatina pertencente a área italorromance do grupo das linguas romances, conectando co grupo de dialectos toscanos. Aínda que o seu status de lingua como tal é relativamente recente (reivindicación que data dos anos oitenta do século XX), non entrou na definición xeral admitida de lingua romance debido ao seu gran parecido co toscano e outras das súas variantes.