O morcego de Natterer (Myotis nattereri) é un morcego europeo de pelame amarronado e ás dun ton máis claro. A súa cor é tamén marrón na membrana da á, pasando a ser branca no ventre. Pode atoparse na maior parte do continente, pero non hai moitos exemplares. A súa fórmula dentaria é .
Hábitat A distribución no Reino Unido do morcego pode atoparse no sitio web da National Biodiversity Network.
No verán viven en árbores de folla caduca, en coníferas, ou en edificios próximos ás súas fontes de alimento.
Protección Estes morcegos están protexidos baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza levou a que os bosques fosen considerados como Sitios de Interese Científico Especial ou Áreas Especiais de Conservación, e realizarase un plan para ampliar esta protección a nivel nacional.
Ecolocación A frecuencia utilizada por esta especie de morcego vai entre 23–115 kHz, acadando picos de enerxía nos 53 kHz e cunha duración que promedia 3.8 ms.Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.
Recibiron o seu nome polo naturalista alemán Johann Natterer.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Myotis nattereri en Atlas de mamíferos terrestres. Ministerio de Medio Ambiente (MMA).. Visto o 23 de outubro de 2018. Myotis nattereri en Mammal species of the World..Visto o 23 de outubro de 2018.
Ligazóns externas Guía para o manexo de morcegos ARKive: Fotografías e videos
Categoría:Myotis Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1817