A Pinta, construída en 1441, foi unha das dúas carabelas que usou Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. A segunda foi a Niña. A terceira embarcación foi a Santa María, que en realidade era unha nao e non unha carabela, e que era a nave capitá (o navío que dirixía a expedición ao ir nel Cristovo Colón).
Historia miniatura|250px|Réplicas das carabelas enviadas á exposición de Chicago de 1893. A Pinta era propiedade de Cristóbal Quintero e Gómez Rascón.
O seu nome fixo pensar a algúns historiadores que pertencía á familia Pinto, porén en realidade foi alugada aos armadores Gómez Rascón e Cristóbal Quintero, que foron nela ás Américas coma mariñeiros, polo que probabelmente o seu verdadeiro nome fose "La Pintá". Era unha carabela nórdica de velas cadradas cun velame moi sinxelo. Os paus de trinquete e maior ían aparellados cunha vela cadrada de grandes dimensións, mentres que o pau de popa, chamado de mesana, portaba unha vela latina.
A Pinta era moi veleira, de tal xeito que, o 8 de outubro, na loita por arribar os primeiros á descuberta das novas terras, acadou unha velocidade de 15 millas por hora, unha milla da época equivale a 0,8 millas náuticas actuais, polo que a súa velocidade sería dunhas 12 millas por hora. O mariñeiro Rodrigo de Triana, quen avistou por vez primeira a terra do Novo Mundo, o 12 de outubro, viaxaba nesta carabela. Unha listaxe de tripulantes das máis completas pode ser:Tripulación de Colón
Tripulación da Carabela Pinta1.- Martín Alonso Pinzón, capitán, (Palos) 2.- Francisco Martín Pinzón, patrón, (Palos) 3.- Cristóbal García Xarmiento, piloto, (Palos) 4.- Cristóbal Quintero, copropietario, (Moguer) 5.- Francisco García Vallejo, (Moguer) 6.- García Hernández, administrador, (Huelva) 7.- Gómez Rascón, copropietario, (?) 8.- Juan Bermúdez, (Palos) 9.- Juan Quintero, contramestre, (Moguer). 10.- Juan Rodríguez Bermejo (Rodrigo de Triana), (Molinos-Sevilla) 11.- Pedro de Arcos, cho, (Palos) 12.- Alonso de Palos, cho, (Palos) 13.- Álvaro Pérez, mariño, (Huelva) 14.- Antón Calabrés, mariño, (Calabria) 16.- Diego Martín Pinzón, mariño, (Palos) 17.- Fernando Méndez 18.- Francisco Méndez 19.- Gil Pérez, marino, (Huelva) 20.- Juan Quadrado, cho, (Algorta) 21.- Juan Reynal, mariño, (Moguer) 22.- Juan Verde de Triana, mariñeiro, (Moguer) 23.- Juan Vecano, marino, (Palos) 24.- Maestre Diego, cirurxián 25.- Pedro Tegero, mariño, (Moguer) 26.- Sancho de Rama, mariñeiro, (Palos) Arribada A Pinta, afastada da expedición por unha tempestade na viaxe de retorno foi a primeira en acadar un porto europeo xa que o 1º de marzo de 1493 arribou a Baiona, en Galicia.
Dende que foi declarada festa local oficial en 1974, celébrase anualmente a Festa da Arribada na vila de Baiona, recreando un mercado medieval e teatralizando a chegada da embarcación.
Réplicas modernas Existen dúas réplicas da carabela: Na vila galega de Baiona, onde arribou, está a Réplica da Pinta (Baiona) Atópase musealizada. No porto de Palos de la Frontera, Provincia de Huelva (Andalucía), de onde partiu. Construíuse co gallo da celebración do quinto centenario do Descubrimento das Américas en Isla Cristina, xunto coas réplicas de La Niña e Santa María. Foi botada o 8 de agosto de 1989 nun acto presidido por Cristina de Borbón. Dita réplica consérvase no museo Peirao das Carabelas, en Palos de la Frontera.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gorostiza Dapena, Leopoldo La Pinta también era de Moguer. Col. "Montemayor", Revista 2015. Archivo Histórico Municipal; Fundación Municipal Cultura, Moguer, 2015. Ligazóns externas Concello de Baiona
Categoría:Descubrimento das Américas Categoría:Carabelas