Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947 e finado en Madrid o 3 de marzo de 2026, foi un xornalista galego.Ónega na IMDb .
Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste. Dirixiu o xornal Ya, e os servizos informativos da Cadena SER e da COPE, e foi director xeral de Onda Cero Radio, así como presentador de Informativos Telecinco. Foi columnista de La Voz de Galicia e colaborador de El Progreso, así como de numerosos programas de radio e televisión.
Traxectoria Foi fillo do xuíz municipal José Ramón Ónega Lenza e Angelita López Lodos. Nos anos 70 foi xefe de prensa da Guardia de Franco e traballou no diario Arriba, órgano oficial da Falanxe, do que chegou a ser subdirector. Tras a morte de Franco foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez,Fernando Ónega, portavoz de Presidencia del Gobierno, artigo en La Vanguardia o 24/05/1977 . quen se fixou nel despois de ler varios artigos seus no xornal falanxista. Escribiu a maioría de discursos de Suárez, incluído o famoso "Podo prometer e prometo". Dimitiu a mediados de 1978 e volveu ao seu posto de subdirector de Arriba.
Tamén en 1978 comezou a súa andaina na televisión ao pasar a dirixir o programa informativo Siete días, de TVE, ata 1979. Ese ano entrou na Cadena SER, facendo comentarios políticos no programa Hora 25. En 1980 dirixiu en TVE Revista de Prensa e foi nomeado Director de Relacións Externas da cadea, posto que ocupou ata 1981, cando foi nomeado director dos informativos da SER, en substitución de Iñaki Gabilondo, e coincidindo ademais co intento de golpe de Estado do 23-F.
En 1985 pasou a dirixir o diario Ya e entre 1986 e 1990 foi director dos informativos da COPE. Foi director de Onda Cero de 1992 ata 1993,Prensa-Escuela , La Voz de Galicia . cando comezou a realizar análises políticos nos Informativos Telecinco, chamados por aquel entón Entre hoy y mañana, que presentaba o tamén galego Luis Mariñas. En marzo de 1993 presentou o programa matinal Los Periódicos e meses despois pasou a presentar a edición nocturna dos informativos de Telecinco, e en 1994 a edición do mediodía. En 1997 fichou por Antena 3 e ata 1999 foi presentador de Antena 3 Noticias, primeiro na edición das 21 horas e logo na de madrugada.
En xullo de 2000 volveu traballar como director de Onda Cero, ata a súa destitución en xaneiro de 2002. En 2013 publicou unha biografía de Adolfo Suárez e dous anos despois outra sobre Xoán Carlos I. Dende 2019 é o presidente de 65ymas.com, un xornal centrado na actualidade das persoas maiores.
Ademais ten colaborado habitualmente en xornais como La Vanguardia, El Progreso e La Voz de Galicia, e intervido como comentarista de actualidade en numerosos debates e programas de radio e televisión, como Saber vivir (2002-2009), 59 segundos (2005-2012) e El debate de la 1 (2012-2018), de TVE; El Programa de Ana Rosa (2005-2008) de Telecinco; Las mañanas de Cuatro (2007-2009) de Cuatro, Galicia por diante, da Radio Galega; Herrera en la onda (2004-2015), Más de uno (2015-) e La Brújula (2015), de Onda Cero. Dende agosto de 2009 tivo a súa propia sección no programa de TVE La mañana de La 1.
Vida familiar Foi irmán de José Ramón Ónega (1939-2021) e pai das tamén xornalistas Cristina Ónega e Sonsoles Ónega.
Obra Santiago de Compostela, ciudad patrimonio de la humanidad de España (1997). Coescrito con Xosé Antonio Perozo. Artec Impresiones. 192 p., . ISBN 84-89183-12-0. Rumbo Variable, Diálogos en torno al Prestige. Coescrito con Bieito Rubido e outros. Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, 2003, 260 p., ISBN 84-9757-113-4 El termómetro de la vida. Gozos, pecados y algunas penas (204). Lampreave. 256 p. ISBN 978-84-609-3291-8. Puedo prometer y prometo. Mis años con Adolfo Suárez (2013). Debolsillo. Biografía de Adolfo Suárez. 336 páxs. ISBN 978-84-9062-255-1. Juan Carlos I. El hombre que pudo reinar (2015). Plaza & Janés. Biografía do Rei Juan Carlos I. 360 páxs. ISBN 978-84-01-38949-8. Qué nos ha pasado, España. De la ilusión al desencanto (2017). Plaza & Janés. 408 páxs. ISBN 978-84-01-01751-3.
Premios e recoñecementos dereita|miniatura|Necrolóxica en La Voz de Galicia.
Entre outros:
Premio Ondas en 1970 e 1979.Premios Ondas , páxina oficial. Antena de Oro en 1994, por Las Noticias de Telecinco. Medalla Castelao en 2001.Decreto polo que se concede a Medalla Castelao no ano 2001. Premio APEI en 2006. Premio Exxpopress Honorífico en 2011, no cincuentenario da súa traxectoria profesional. Micrófono de oro en 2007. Premio Diego Bernal entregado pola Asociación de Periodistas de Galicia, en 2016. Durante varios anos foi elixido entre os 125 galegos máis influentes, nunha enquisa do Grupo Correo Gallego, sempre entre os primeiros postos do eido da comunicación.Os 125 galegos máis influentes , 2010, Galicia Hoxe. Fill predilecto de Pol, e adoptivo de Lalín. Fillo Predilecto daa provincia de León. Premio Ondas Nacional de Radio: Premio á Traxectoria, en 2020. Premio APM de Honor 2024, concedido pola Asociación de la Prensa de Madrid (APM). 2025: Académico de honor da Real Academia Europea de Doutores.
Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (2026).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Luis Mariñas
Ligazóns externas Ónega na Enciclopedia Galega Universal.
Categoría:Xornalistas de Pol Categoría:Premio Ondas Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Pol Categoría:Nados en 1947 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2026