Santa María de Atás é unha parroquia do concello de Cualedro, na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (78 homes e 68 mulleres).

Historia Durante a Idade Media, Atás estivo baixo a xurisdición de Celanova. Consérvase a casa reitoral, que foi en tempos un cenobio dependente da casa matriz. Os beneditinos (ou bieitos, como son coñecidos na zona) contribuíron ó avance económico e tecnolóxico do traballo do campo, establecendo métodos de explotación cun gran grao de colectivización e construíndo infraestruturas de regadío, como o chamado "caño de Chamusiños", que aínda se pode atopar malia que estea en moi mal estado. Patrimonio

Amais da igrexa parroquial existe a ermida da Nosa Señora da Saúde cun cruceiro no adro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Atás

Parroquias de Cualedro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cualedro

Categoría:Parroquias de Cualedro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María