O Donostia Arena 2016 é un recinto multiúsos situado na zona deportiva de Anoeta en Donostia, Guipúscoa (Euskadi). Cunha capacidade para 11.000 espectadores é o lugar no que xoga os seus partidos o Lagun Aro GBC de baloncesto.
Historia Esta é a construción estrela do espazo de lecer de Illunbe, no que inicialmente había multitude de locais de hostalaría, multicines etc. Unha das características máis rechamantes deste recinto é a súa cuberta retráctil, que se desprega ou se contrae segundo as necesidades. A súa utilización inicial baseábase nas corridas de touros, pero co paso do tempo ha ir diversificando a súa oferta. Actualmente é o baloncesto o que centraliza a actividade do recinto.
Actividades A parte do baloncesto no recinto organízanse touradas, concertos de música, campionatos de motos freestyle de motos etc.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial de Illumbe
Categoría:Pavillóns de España Categoría:Pavillóns de baloncesto de España Categoría:Deporte en Donostia