A adamita é un mineral constituído por arseniato de zinc de fórmula Zn2AsO4OH. Encóntrase habitualmente en zonas de oxidación ou humidade sobre menas de zinc. Habitualmente é de cor marela, pero tínxese de verde por inclusións de cobre.

A olivenita é un arseniato de cobre isoestrutural coa adamita, e existen casos de substitución entre zinc e cobre que permiten describir un mineral intermedio chamado cuproadamita. A estrutura tamén pode ser substituída por manganeso, cobalto ou níquel, e coñécese un mineral análogo, a tarbutita, constituído por fosfato de zinc.

A adamita recibe o seu nome do xeólogo francés Gilbert Joseph Adam (1795-1881), quen recolleu as primeiras mostras en Chañarcillo, no deserto de Atacama, Chile.

Principais depósitos Mina Mapimi, Durango, México. Namibia. Cabo de Garona, Francia. Illas Laurion, Grecia. Deserto de Atacama, Chile.

Aplicacións A adamita é un mineral sen importancia industrial, pero interesante desde o punto de vista científico e como mineral de colección.

Véxase tamén Lista de minerais

Ligazóns externas Mindat.org Webmineral.com

Categoría:Minerais