A tridimita (do grego Trydimos (tripleto) debido á formación frecuente de maclas con tres cristais) é un mineral silicatado e un polimorfo de alta temperatura do cuarzo. Áchase apenas en rochas magmáticas efusivas ácidas de alta temperatura (riolitas, obsidianas, traquitas, andesitas e dacitas). Tamén pode ser encontrado en meteoritos. Xeralmente está asociada á cristobalita.
A tridimita foi descrita por primeira vez en 1868. A tridimita tipo sitúase en Hidalgo, México.
Usos A tridimita emprégase na area para moldes de fundición; na fabricación de vidro, esmalte, saponáceos, dentífricos, abrasivos, lixas, fibras ópticas, refractarios, cerámica, produtos electrónicos e reloxos; na industria de ornamentos; na fabricación de instrumentos ópticos; e na fabricación de vaixelas químicas; entre outros usos.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas Mindat Webmineral Mineral galleries
Categoría:Minerais