A batalla de Vogladum ou de Vouillé tivo lugar no ano 507 preto da antiga cidade gala de Vogladum, non lonxe de Poitiers, entre as tropas do rei franco Clodoveo I e do visigodo Alarico II.
Historia esquerda|miniatura|Interpretación das campañas francas en Aquitania (507 - 509). Na primavera de 507, o exército franco cruzou o río Loira en dirección a Poitiers, so o comando de Clovis e do seu fillo máis vello Teodorico. O exército visigodo marcha para norte para lles cortar o camiño coa esperanza de que os ostrogodos os apoien: a batalla ten lugar na chaira de Vouillé, preto de Poitiers.
Ten inicio unha espantosa loita corpo a corpo, até que o rei visigodo Alarico II é morto por Clovis. Tal como na batalla de Tolbiac contra os Alamanos, a morte do rei dita a desbandada dos visigodos que acaban masacrados polos francos.
Esta vitoria abre a Clovis o camiño do sur: conquista Tolosa, antiga capital dos visigodos, Narbona, a Aquitania, a Gascuña, o Languedoc e o Lemosín.
Consecuencias A derrota supuxo a fin do Reino visigodo de Tolosa e a súa expulsión case total da Galia, agás a Septimania ou Narbonense, e o repartimento do resto do territorio entre Clodoveo e os seus aliados burgundios.
Se non desapareceron os visigodos, foi polo apoio do ostrogodo Teodorico, o Grande, que quería salvar o resto das posesións visigodas en Hispania, o que se denominou como Reino visigodo de Toledo, para o seu neto, o fillo de Alarico II, chamado Amalarico.Mitre et alii (1984), p. 34
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Visigodos Categoría:Francos Categoría:Historia medieval de Francia Vogladum Categoría:507 Categoría:Historia de Francia do século VI