Andrea Bocelli, nado en Toscana, o 22 de setembro de 1958, é un tenor italiano e un dos cantantes de ópera máis famosos do mundo. Desde 1994 vendeu máis de 70 millóns de álbums no mundo, máis que calquera outro artista da música clásica.SINGING sensation Susan Boyle is to perform a TV duet with opera legend Andrea Bocelli
Durante a súa carreira, gravou duetos con cantantes de ópera como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, e José Carreras, pero tamén cantantes de música pop como Christina Aguilera, Stevie Wonder, Laura Pausini e Céline Dion.
Traxectoria Naceu o 22 de setembro de 1958 en Lajatico, un vila da campiña Toscana. Empezou a estudar piano e posteriormente frauta e saxofón. Andrea Bocelli naceu con glaucoma conxénito que o deixou parcialmente cego. Á idade de 12 anos, por mor dun golpe na cabeza durante un partido de fútbol, a cegueira fíxose total. Decidido a non deixar que isto destruíse a súa carreira, seguiu adiante. A súa paixón pola música levouno a ofrecer pequenas actuacións en celebracións familiares. Ao terminar a escola media, inscribiuse na Universidade de Pisa, chegando a licenciarse en Dereito, sen deixar a música, ao compatibilizar as clases de dereito coas clases de canto que recibiu do mestre e gran tenor italiano Franco Corelli. Tamén actuou en numerosos locais, o que lle permitiu perfeccionar a súa técnica vocal, e nesa época, en 1987, foi cando coñeceu a Enrica Cenzatti, con quen casaría.
En 1992 Bocelli colaborou con Zucchero Fornaciari, que estaba a preparar con Luciano Pavarotti a gravación da peza Miserere, que logo integraría no álbum homónimo, e así Zucchero envioulle a demo a Pavarotti, que quedou impresionado, Pavarotti gravou a canción pero na xira europea de Zucchero deixou que Bocelli cantase a canción, con grande éxito. O produtor discográfico Michele Torpedine fíxose cargo da carreira de Bocelli e asinou un contrato con Sugar Music de Caterina Caselli.
Discografía Il Mare calmo della Sera (1994) Bocelli 1995) Viaggio italiano (1995 Romanza 1996) Aria 1998) Sogno 1999) Sacred Arias (1999) Verdi 2000) La Boheme (2000) Verdi Requiem (2001) Cieli di Toscana (2001) Sentimento (2002) Tosca (2003) Amore (2006) The Best of Andrea Bocelli: Vivere (2007) Incanto (2008) My Christmas (2009)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Tenores de Italia Categoría:Nados na provincia de Pisa Categoría:Nados en 1958 Categoría:Persoas cegas Categoría:Alumnos da Universidade de Pisa Categoría:Cantantes en lingua latina Categoría:Cantantes en lingua alemá