Cela 211 (en ) é unha película galega, dirixida por Daniel Monzón en 2009, gañadora de 8 Premios Goya incluíndo mellor película, mellor actor (o galego Luís Tosar) e mellor director. É unha adaptación escrita por Jorge Guerricaechevarría da novela homónima do xornalista Francisco Pérez Gandul.
Estreouse en galego na TVG o 14 de xaneiro de 2012.
Sinopse Juan, funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo inconsciente de Juan na cela 211. Ao espertar, Juan comprende a situación e faise pasar por un preso máis ante os amotinados. A partir dese momento, o protagonista terá que arriscar a base de astucia e mentiras, sen saber aínda o que lle ten preparado o destino.
Personaxes Luís Tosar como Malamadre Alberto Ammann como Juan Oliver calzóns, alcumado "calzóns" Antonio Resines como Utrilla Marta Etura como Elena, a moza de Juan Carlos Bardem como Apache Manuel Morón como Almansa Luis Zahera como Releches Vicente Romero como Tachuela Fernando Soto como Armando Nieto Félix Cubero como Germán Manolo Solo Jesús Carroza Xavier Estévez Juan Carlos Mangas como Calígula Xosé Manuel Olveira "Pico"
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado8ª ediciónMellor filmeDaniel Monzón GañadorMellor directorDaniel Monzón GañadorMellor actorLuís Tosar GañadorMellor actor secundarioLuis Zahera GañadorCarlos BardemNomeadoMellor actriz secundariaMarta EturaNomeadaMellor guiónJorge Guerricoechevarría e Daniel Monzón GañadoresMellor dirección de produciónAlicia Tellería GañadoraMellor dirección artísticaAntón Laguna GañadorMellor montaxeMapa Pastor GañadorMellor música orixinalRoque BañosNomeadoMellor sonSergio Burmann, Carlos Faroulo e Jaime Fernández GañadoresMellor fotografíaCarles GusiNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoRaquel Fidalgo e Inés Rodríguez GañadorasMellor deseño de vestiarioMontse Sancho Gañadora
Premios Goya Categoría Persoa ResultadoMellor películaGañadoraMellor directorDaniel MonzónGañadorMellor actor protagonistaLuís TosarGañadorMellor actriz secundariaMarta EturaGañadoraMellor actor secundarioCarlos BardemAntonio ResinesCandidatoCandidatoMellor actor revelaciónAlberto AmmannGañadorMellor guión adaptadoDaniel MonzónJorge GuerricaechevarríaGañadoresMellor música orixinalRoque BañosCandidatoMellor fotografíaCarles GusiCandidatoMellor montaxeMapa PastorGañadoraMellor dirección artísticaAntón LagunaCandidatoMellor dirección de produciónAlicia TelleríaCandidataMellor maquillaxe e peiteadoRaquel FidalgoInés RodríguezCandidatasMellor sonSergio BurmannJaime FernándezCarlos FaruoloGañadoresMellores efectos especiaisRaúl RomanillosGuillermo OrbéCandidatos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web oficial
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Monzón Categoría:Filmes de Telecinco Cinema Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes de Morena Films Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película