Carlos Marchena López, nado en Las Cabezas de San Juan (Sevilla) o 31 de xullo de 1979, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa central ou mediocentro defensivo. En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
Traxectoria Formado no equipo local da súa localidade, CD Cabecense e máis tarde nas categorías inferiores do Sevilla FC, desde pequeno foi chamado pola súa gran calidade a ser un dos centrais máis destacados da liga española.
O seu debut co primeiro equipo sevillista produciuse na tempada 1997–98, cando apenas tiña dezaoito anos. Este debut viuse favorecido polo feito que o equipo militaba entón en Segunda División. Tras outra tempada notable en Segunda, na que se asentou no primeiro equipo e na que se logrou o ansiado ascenso, Marchena debutou en Primeira.
Proclámase campión do mundo sub-20 en Nixeria, no ano 1999, formando equipo con magníficos xogadores como Xavi Hernández e Pablo Orbaiz, entre outros.
A tempada do retorno do equipo de Nervión a primeira non foi boa, xa que a grave crise económica do club hispalense obrigou a depender totalmente dos xogadores da canteira, que, como Marchena, contaban con gran calidade pero estaban faltos de experiencia. Tras o consecuente descenso, e como o Sevilla FC necesitaba diminuír a débeda, Marchena foi vendido ao Benfica.
Tras unha tempada aceptable no club lisboeta, formou parte dun intercambio con Zlatko Zahovic e chegou ao Valencia CF.
No club ché non logra facerse coa titularidade, xa que se atopa por detrás de Ayala e Pellegrino na rotación do equipo, polo que disputa máis dun partido como centrocampista defensivo. No entanto, a súa chegada coincide coa consecución do título de liga 30 anos despois por parte do Valencia CF.
As tempadas seguintes seguen sendo boas, coa consecución dunha nova liga e unha Copa da UEFA, mentres que a participación de Marchena vaise facendo máis importante, ata converterse en titular indiscutible, o que lle serve para alcanzar a internacionalidade absoluta.
Con todo, na tempada 2005–06, o número de partidos disputados por Marchena é inferior debido á explosión de Raúl Albiol, que se converte, xunto a Roberto Ayala, na opción preferida por Quique Sánchez Flores, adestrador do Valencia CF. Aínda así, foi convocado merecidamente pola selección española para disputar o Mundial de Alemaña 2006.
O 19 de decembro de 2007, despois de que o adestrador Ronald Koeman decidise apartar aos capitáns David Albelda, Santiago Cañizares e Miguel Ángel Angulo, Marchena foi designado segundo capitán do Valencia CF. Tras a Eurocopa 2008, onde foi clave na vitoria da selección española, foi elixido polos seus compañeiros como novo capitán do Valencia.
No verán de 2010 asinou un contrato por tres campañas co Villarreal CF.
O 6 de agosto de 2012 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña.
O 2 de setembro de 2013 firmou novamente polo Deportivo."Marchena ficha por el Deportivo, que da por perdido a Geijo"
Selección nacional O seu debut produciuse o 21 de agosto de 2002 nun partido no que España empatou 1-1 con Hungría na cidade de Budapest (Hungría). Marchena disputou o Mundial de 2006 e as Eurocopas de 2004 e 2008. Nesta última xogou de titular en cinco dos seis encontros da selección e proclamouse campión. Ademais foi elixido no Equipo ideal UEFA All-Star.
O 29 de xuño demostrouse o seu valía e "Marchenbauer" (alcume que xurdiu tras as declaracións de Franz Beckenbauer na final da Champions League entre Valencia e Bayern de Múnic en 2001) colaborou xunto aos seus compañeiros a Selección cara á Eurocopa 2008, sendo un dos alicerces básicos na defensa do técnico Luis Aragonés. foi internacional en 54 ocasións e leva 2 goles.
O 30 de maio de 2010, superou a Garrincha como o xogador coa mellor racha de partidos sen perder coa súa selección (50).
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol de 2006 AlemañaOitavos de finalCopa Mundial de Fútbol de 2010 SuráfricaCampión
Participacións en Eurocopas EurocopaSedeResultadoEurocopa de fútbol 2004 PortugalPrimeira faseEurocopa de fútbol 2008Austria / SuízaCampión
Participacións en Xogos Olímpicos EurocopaSedeResultadoXogos Olímpicos de Sidney 2000SidneyMedalla de prata
Palmarés Club Valencia Copa da UEFA: 2003–04 Supercopa de Europa: 2004 Liga de España: 2001–02, 2003–04 Copa do Rei: 2007–08
Selección España Copa Mundial da FIFA: 2010 Eurocopa de Fútbol: 2008 Copa Mundial da FIFA sub-20: 1999
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Marchena consegue o récord de vitorias consecutivas cunha selección
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Las Cabezas de San Juan Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Kerala Blasters FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial