O Pazo é un lugar da parroquia de Entenza, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas na comarca de Vigo.

Patrimonio Aquí está situado o Centro Cultural e a Casa-Escola de Entenza. O edificio, que data dos anos 30 do século XX, foi restaurado e ampliado nos anos 90. A súa construción foi financiada polos emigrantes na Arxentina a través da sociedade "Hijos de Entienza", para ser usado coma escola. Na actualidade aínda mantén este uso como centro de preescolar, ademais de ser tamén, logo da ampliación, Centro Cultural e contar con pistas deportivas anexas. Este complexo é o centro neurálxico de Entenza e está xestionado pola Comunidade de Montes Veciñais que ten a súa sede no edificio, que tamén é sede do Coro Polifónico de Entenza, da Traída de Augas e da Asociación Xuvenil "A Turonia".

Lugares e parroquias Lugares de Entenza

Parroquias de Salceda de Caselas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Salceda de Caselas

Categoría:Lugares de Salceda de Caselas