Shikoku Facula é unha rexión brillante da superficie da lúa de Saturno, Titán.

Shikoku foi vista por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Cassini en outubro do 2004 e a partir desta data sería fotografada en moitas ocasións, sobre todo debido a algunhas peculiaridades relevantes apreciadas a partir da imaxes de radar tomadas o 30 de abril do 2006. Antes de recibi-lo seu nome oficial, que procede do nome da illa xaponesa de Shikoku, tiña o alcume de 'Gran Bretaña' pola forma que tiña este accidente xeolóxico visto nas imaxes de infravermello.

esquerda|miniatura|Mapa cos nomes dos principais accidentes xeolóxicos de Titán.

Shikoku ten un diámetro medio duns 285 km, centrado a 10,4° S 164,1° O é situada ó oeste de Guabonito, ambos dentro de rexión escura de Shangri-La, preto da fronteira con Xanadu; posúe particularidades que fan desta facula un accidente xeolóxico moi notorio, como son as vastas extensións de dunas que existen ó sur e leste desta facula, que coma no caso da Dunas Galore poderían estar espazadas entre si de 1-2 km, tamén moi destacable o accidente circular de 35 km de ancho que está situado ó norte dentro da facula, que moi posiblemente sexa un cráter de impacto.

miniatura|Comparativa dunha vista de Shikoku Facula e Guabonito, variando entre o infravermello (onde se pode aprecia-la forma semellante a Gran Bretaña de Shikoku) e a imaxe moito máis nítida do radar da Cassini.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Titán Shangri-La Guabonito Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán

Ligazóns externas

Categoría:Titán Categoría:Faculae