miniatura|dereita|300px|Exemplo de formulario web (en inglés) Un formulario web é unha agrupación de elementos creados coa linguaxe HTML/XHTML, que permite a un usuario interactuar cunha páxina web, enviando e procesando información. Componse de etiquetas de texto e campos, nos que se pode introducir a información, que logo será enviada e procesada.

Obxectos Un formulario web está contido entre as etiquetas HTML <form> e <code></form></code>. Entre as varias etiquetas están definidos os campos e etiquetas que permiten introducir a información. Os tipos de campos dispoñibles son os seguintes:

Campo de texto Permite ao usuario introducir un texto nunha liña. Utilízase para introducir datos con contido limitado (ex.: Nome). A sintaxe na linguaxe HTML é a seguinte: Nome: <input type="text" name="Nome:"> Neste exemplo, amosarase unha etiqueta de texto Nome:, seguida dun campo de texto no que se poderá introducir o dato.

Campo contrasinal É igual que o campo de texto, pero mentres se escribe amosa asteriscos ou puntos para ocultar a información que se está a escribir. Contrasinal: <input type="password" name="Contrasinal">

Cadro de selección (checkbox en inglés) Permite ao usuario facer seleccións múltiples facendo clic sobre os cadros predefinidos Selecciona os teus pasatempos:<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Lectura"> Lectura<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Música"> Música<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Xogos"> Xogos<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Internet"> Internet<br/> Neste exemplo, o formulario permitirá seleccionar unha ou máis afeccións de entre as predefinidas

Botón de opcións Permite ao usuario facer unha selección co rato, de entre as que están predefinidas: Selecciona un xeito de pagamento:<br/> <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Transferencia"> Transferencia<br/> <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Tarxeta de crédito"> Tarxeta de crédito<br/> <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Contrareembolso"> Contrareembolso<br/> No exemplo anterior, o formulario amosará os tres xeitos de pagamento predefinidos, e permitirá seleccionar un deles

Selector de arquivo Permite seleccionar un ficheiro (ruta) do ordenador local, a través dun botón examinar, que logo será subido a un servidor. <input type="file" name="arquivo"> Amosará un selector de ficheiro cun botón examinar que abrirá o selector de ficheiros/carpetas locais do ordenador.

Botón reinicar (reset en inglés) Facendo clic sobre o mesmo borrará os datos introducidos previamente en calquera campo do formulario web. <input type="reset" value="Borrar"> Amosará un botón que borrará tódolos datos introducidos no formulario.

Botón enviar Envía/procesa os datos introducidos no formulario: <input type="submit" value="Enviar"> Amosará un botón que enviará o formulario.

Área de texto Permite ao usuario introducir un texto en varias liñas. Utilízase para introducir datos de texto con contido máis extenso (ex.: Comentarios). Comentarios:<br/> <TEXTAREA NAME="Comentarios" cols=40 rows=6></TEXTAREA> Esta área de texto terá 40 caracteres de largura e 6 filas de altura. Permitirá introducir un texto de varias liñas.

Lista de selección Permite seleccionar un ou varios valores dunha lista previamente definida, a través dun selector despregable. Provincia: <SELECT NAME="Provincia"> <OPTION VALUE="CO">A Coruña</OPTION> <OPTION VALUE="LU">Lugo</OPTION> <OPTION VALUE="OU">Ourense</OPTION> <OPTION VALUE="PO">Pontevedra</OPTION> </SELECT> Neste exemplo, permitirá seleccionar dunha lista despregable unha das provincias galegas.

Exemplo do código HTML dun formulario completo miniatura|dereita|200px|Así interpreta e amosa o navegador Firefox, o código do formulario da esquerda. <html> <head> <title>Formulario web</title> </head> <body> <form action="#" method="post"> Nome: <input type="text" name="Nome"><br/><br/> Contrasinal: <input type="password" name="Contrasinal">

Selecciona as tuas aficións:<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Lectura"> Lectura<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Música"> Música<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Xogos"> Xogos<br/> <INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Internet"> Internet<br/><br/>

Selecciona un xeito de pagamento:<br/> <INPUT type="radio" name="Pagamento" value="Transferencia"> Transferencia<br/> <INPUT type="radio" name="Pagamento" value="Tarxeta de crédito"> Tarxeta de crédito<br/> <INPUT type="radio" name="Pagamento" value="Contrareembolso"> Contrareembolso<br/><br/>

Comentarios:<br/> <TEXTAREA NAME="Comentarios" cols=30 rows=6></TEXTAREA>

Provincia: <SELECT NAME="Provincia"> <OPTION VALUE="CO">A Coruña</OPTION> <OPTION VALUE="LU">Lugo</OPTION> <OPTION VALUE="OU">Ourense</OPTION> <OPTION VALUE="PO">Pontevedra</OPTION> </SELECT>

<input type="submit" value="Enviar"> <input type="reset" value="Borrar"> </form> </body> </html>

Envío e procesamento dos formularios Os datos introducidos nun formulario web poden ser enviados e procesados por un servidor, indicando no atributo action da etiqueta <FORM> a URL do servidor en concreto seguida dun arquivo que conteña o código que procesará o formulario, escrito nunha linguaxe de servidor (PHP, JSP, ASP ...). Exemplo: <FORM action="http://url_servidor/procesa_formulario.php">.

O procesamento, independentemente da linguaxe de servidor empregada, pódese facer basicamente de dúas formas:

Enviando os datos por correo electrónico. O formulario terá asignado un enderezo de correo electrónico, e cando se procese, os datos serán enviados a dito enderezo Rexistrando os datos nunha base de datos, a partir da que poden ser procesados con posterioridade.

Véxase tamén Outros artigos Navegador web Sitio web Páxina web

Categoría:Internet Categoría:Informática