O Movemento Internacional Somos Igrexa (en inglés: International Movement We are Church) é unha rede internacional de grupos independentes e autónomos que traballan pola reforma da Igrexa Católica afondando nas decisións do Concilio Vaticano II. O movemento xurdiu en 1995 en Austria co nome de Wir sind Kirche, estendéndose a Alemaña e Tirol do Sur, creándose o 25 de novembro de 1996 o Movemento Internacional Somos Igrexa sobre a base da Declaración de Roma que axunta cinco demandas: Participación do pobo de Deus na elección dos bispos. Acceso das mulleres ao sacerdocio. Celibato opcional para os sacerdotes. Actitude positiva cara a sexualidade. Mensaxe de alegría e non de condena. Cada grupo local pode ter outras demandas pero son esas cinco sobre as que traballa o movemento internacional. En Galicia Somos Igrexa Galicia fai parte da Coordinadora de Crentes Galegos Redes Cristianas que avoga pola desaparición dos crucifixos das escolas e defende un novo sistema económicoVieiros, 29 de decembro de 2009.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio Oficial
Categoría:Organizacións católicas