Bágoa de Raíña foi un grupo galego de música folk, formado en Ortigueira en 1995. A banda participou en tres edicións do Festival Internacional do Mundo Celta, nos anos 1995, 1997 e 1998. O conxunto leva dende o ano 1999 sen actividade.

Membros Rodrigo López: gaita, frauta Urbano Salgado: gaita Alfonso Cheda: gaita Jaime García: frauta Elixio César: guitarra Marina Alonso: percusión Fredi Loureiro: bombo J.M. Marías: baixo

Discografía En augas de Ortigueira - 1998 (Sons Galiza)

Notas

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira