The Lodger: A Story of the London Fog é un filme británico mudo dirixido por Alfred Hitchcock en 1927. Protagonizárono Marie Ault, Arthur Chesney, June Tripp, Malcolm Keen e Ivor Novello. Baséase nunha historia de Marie Adelaide Lowndes e foi o terceiro filme dirixido por Hitchcock, sendo o primeiro de estilo "Hitchcock".
A súa trama refírese á caza dun asasino en serie semellante a Jack o Destripador en Londres. O primeiro filme de suspense de Hitchcock, consagrauno como director de sona. Tras a súa estrea, a revista especializada Bioscope escribiu: "É posible que esta película sexa a mellor produción británica xamais realizada".
Personaxes Marie Ault como The Landlady (Mrs. Bunting) Arthur Chesney como o seu marido (Mr. Bunting) June Tripp como Daisy Bunting Malcolm Keen como Joe Chandler Ivor Novello como Jonathan Drew (The Lodger) Eve Gray como vítima corista (sen acreditar) Alfred Hitchcock como extra no despacho do xornal, home na turba enfadada (sen acreditar) Reginald Gardiner como bailarón (sen acreditar) Alma Reville como muller que escoita (sen acreditar)
Notas
Categoría:Filmes de 1927 Categoría:Filmes dirixidos por Alfred Hitchcock Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre Jack o Destripador Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes en branco e negro