Telémaco é un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten 92 km de diámetro,situado nas coordenadas 54° N 339,4° O, formouse sobre a Ítaca Chasma, a enorme estrutura de fendas, vales e depresións de Tetis . O seu nome procede do nome do fillo do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.
250px|esquerda|miniatura|Primeiro plano do cráter Telémaco, onde se pode aprecia-lo seu prominente pico central e os seus definidos bordos, moito máis e poñemos en comparación co moi degrado Teiresias, que fica as 10 en punto respecto de Telémaco e do cal xa só se pode apecia-lo seu patrón circular.
A principal característica deste cráter é que ten un destacable pico central e uns bordos moi definidos, o cal suxire que sexa un cráter relativamente novo, ademais de formarse sobre a Ítaca Chasma, o cal dá unha referencia da antigüidade desta chasma, xa que á parte deste cráter, a chasma ten outros cráteres máis pequenos sobre ela, o cal serve para data-la idade desta chasma.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos de Tetis Lista dos cuadrángulos de Tetis Ítaca Chasma
Categoría:Tetis Categoría:Cráteres