María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria Filla da escritora Concha Blanco Blanco e do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

260px|alt=María Canosa e Jorge|miniatura|María Canosa e Jorge Mira son os expertos do concurso Coma un allo da TVG miniatura|260px|Presentadores de Coma un allo da TVG

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.

Obra Literatura infanto-xuvenil Bramido maino (1997). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-836-5. A pedra de seixo (1997).Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8478242962. Á espreita na penumbra (1999). Santiago: Sotelo Blanco. Ilustracións de Andrés Meixide. 96 páxs. ISBN 9788478243419. Leo era un león (2002). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Nieves Lago Garrido. 30 páxs. ISBN 9788476804148. San Xoán (2006). Leite con cacao (2007). Publicado en InfoXove, febreiro 2007/nº10 Entre papoulas (2009). A Coruña: Everest Galicia. Ilustracións de Marte Rivera Ferner. 60 páxs. ISBN 9788440311191. Faíscas (2009). Vigo: Galaxia. 152 páxs. ISBN 978-84-9865-163-8. Matías, un pito de campionato (2010). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Matías Soler. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-276-5. O papaventos de Laura (2011). Deputación de Ourense. Premio Pura e Dora Vázquez. O Crebanoces (2011). Pablo Zaera Editor. Publicado tamén en castelán. O Crebanoces (2022). A Coruña: Bubulubú. 36 páxs. Ilustracións de David Pintor. ISBN 9788418667572. A tartaruga de Martiño (2011). A Coruña: Everest Galicia. Ilustracións de María Lires. 36 páxs. ISBN 9788440311504. Acuario (2012). Ferrol: Edicións Embora. ISBN 978-8492644445. Xiana, a nena pirata (2012). A Coruña: Everest Galicia. Ilustracións de Noemí López. 36 páxs. ISBN 9788440311887. Viaxes de inverno (2013). A Coruña: Everest Galicia. Ilustracións de Dani Padrón. 36 páxs. ISBN 9788440312235 Acuario 2 (2014). Ferrol: Embora. ISBN 9788492644940. Ana xa chegou! (2014). A Coruña: Everest Galicia. Ilustracións de Dani Padrón. 36 páxs. ISBN 9788440312532. Druídas (2014). Ferrol: Edicións Embora. 162 páxs. ISBN 9788492644889. Papá, que son os sorrisos? (2014). Galebook. Ilustracións Dani Padrón. 48 páxs. ISBN 978-84-940735-8-8. Pasen e miren (2014). A Coruña: Bululú. Publicado tamén en castelán e catalán. Ilustracións de Dani Padrón. 34 páxs. ISBN 9788494291708.

Rubicundo (2015). Vigo: Xerais. Ilustracións de Nuria Díaz. ISBN 978-84-9914-821-2. 88 páxs. Parar o Mundo (2015). Editorial Trifolium, Lunalimón. Con Marcos Viso. 32 páxs. ISBN 9788494409264. O día que choveu do revés (2016). Vigo: Xerais. Ilustracións de Dani Padrón. 40 páxs. ISBN 978-84-9914-965-3 O libro dos medos (2016). Santiago: Bolanda. Ilustración Olaya Naveira. 48 páxs. ISBN 978-84-617-4510-4. O neno inverno (2016). Vigo: Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-9151-017-8. O que nunca che contaron (2017). Con Kike Gómez. Oqueleo. Ilustracións de Dani Padrón. 98 páxs. ISBN 9788416834808. A cazadora de estrelas (2017). Vigo: Xerais. 2021: 5ª ed. Ilustracións de Dani Padrón. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-191-4 (6ª) Muriel (2017). Vigo: Xerais. Ilustracións de Lucía Cabo. 192 páxs. ISBN 978-84-9121-274-4. ePub: ISBN 978-84-9121-269-0. Caderno de lúas (2018). A Coruña: Bululú. Ilustracións de Dani Padrón. 36 páxs. ISBN 978-84-945494-3-4. O ladrón de voces (2019). Ferrol: Edicións Embora. Ilustracións de Noemí López. 36 páxs. ISBN 9788416456888. Candorcas e unicornios (2019). Vigo: Galaxia. Col. Árbore. 152 páxs. ISBN 978-84-9151-402-2. Unha fábrica de bicos (2020). Vigo: Xerais. Col. Merliño. Ilustracións de Dani Padrón. 32 páxs. ISBN 978-84-9121-636-0. Lobo Ramón (2020). Oqueleo. Serie Amarela. Ilustracións de Nuria Díaz. 96 páxs. ISBN 9788416834211. As pombas de Bastián (2021). Xerais, Merlín. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-845-6. ePub: ISBN 978-84-9121-857-9. Ilustracións de Noemí López. H2... oh! Pingas científicas (2021). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9151-628-6. Ilustracións de Luz Beloso. Divulgación. Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa (2021). Bululú. 48 páxs. Ilustracións de Bea Gregores. Traducida ao castelán. ISBN 9788418667053. Saínza a punkeireteira (2022). A Costureira Edicións. Ilustracións de Cristian F. Caruncho. 60 páxs. ISBN 978-84-126122-0-2. Teño un volcán dentro (2023). Vigo: Galaxia, Árbore. Ilustracións de Zaida Novoa. 232 páxs. ISBN 978-84-1176-015-7. Muriel. Caos no laboratorio lácteo (2023). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Lucía Cobo. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-385-5. ePub: ISBN 978-84-1110-392-3. Luísa Villalta, melodía de palabras (2023). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-1110-442-5. De 11 anos en diante. Escola de bruxas (2024). Vigo: Xerais, Sopa de Libros. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-585-9. ePub: ISBN 978-84-1110-604-7. Ilustracións de Maiky Odel. Dipnoi (2026). Vigo: Xerais, col. Fóra de Xogo. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-762-4. ePub: ISBN 978-84-1110-766-2.

Narrativa DisParo (2016). Ferrol: Edicións Embora. 120 páxs. ISBN 9788416456260. Non é París (2016). Santiago: Bolanda. ISBN 978-8460896944. Cando cae a luz (2016). Santiago: Urco Editora. 124 páxs. ISBN 9788415699972 O lado do que dormes (2019). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9121-559-2. ePub: ISBN 978-84-9121-600-1.

Ensaio Do A ao Z con Neira Vilas (2010). A Coruña: Everest Galicia. 60 páxs. Ilustracións de Noemí López. ISBN 9788440311429. A que altura está o ceo? (2016). Con Jorge Mira. Santiago: Alvarellos Editora. Ilustracións de Dani Padrón. ISBN 978-84-16460-77-9. ¿A qué altura está el cielo? (2020). Con Jorge Mira. Santiago: Alvarellos Editora. La peregrina gastrónoma (2019). Somos Libros (edición bilingüe castelán galego). 128 páxs. ISBN 978-84-120115-7-9. Guía do Camiño Inglés. A Fotografía 51 (2023). Con Paula Mayor Agrelo. A Coruña: Baía Ed. 88 páxs. ISBN 9788499954219.

Poesía Ronca o mar (2011). Silleda: Edicións Fervenza. 64 páxs. ISBN 978-84-939166-9-5. Ronca el mar (2012). Madrid: Pigmalión. 80 páxs. ISBN 9788415244189. Vagalume de versos (2014). Vigo: Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9865-552-0. Infanto-xuvenil.

Obras colectivas Dezaseis relatos, 1995, Concello de Pontedeume. Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. O trasno rebuldeiro (Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte), 1997, Asociación Neria. Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón. Narradoras, 2000, Xerais. Achegamento ao libro, 2001. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Tres blues e un rap, 2008, Galix-Xunta de Galicia. Ditos sobre o libro e a lectura, 2009. Concello da Coruña. Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, 2012, Endymion Poesía. O libro dos Reis Magos, 2012, Xunta de Galicia. Contos da taberna, 2014, Edicións Embora. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Será correcto?, con Concha Blanco, 2016, Hércules de Edicións. Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis. Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.

Premios Concurso de Contos da Agrupación Cultural O Facho no 1986 e 1992. Certame Literario Terra Chá da Asociación Cultural Xermolos no 1989 e 1992. Certame de Contos en Galego da ONCE no 1992. Certame Francisco Fernández del Riego no 1993. RÚA NOVA (Narracións Xuvenís) (mención especial) no 1993 e 1995 Premio Arume de Poesía para nenos (Fundación Neira Vilas) no 2009 (mención especial) Premio Pura e Dora Vázquez (Deputación de Ourense) no 2010 XV Premio de poesía Avelina Valladares (Concello da Estrada) no 2011, por Ronca o mar. Mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no 2013, por O libro dos medos que non o son. Terceiro premio do IV Certame de poesía en lingua galega Manuel María de 2016, por A desmemoria. Premio Merlín 2017 por Muriel. Premios Follas Novas do Libro Galego 2022 ao Mellor Libro de Divulgación por H2… Oh!!! Pingas científicas. Premio Rosalía de Castro de Lingua 2022. V Premio de Literatura infantil Carlos Mosteiro, na Pobra do Caramiñal, en 2022, por Teño un volcán dentro. Premios Bos e Xenerosos 2023. Premios Follas Novas do Libro Galego 2023 ao Mellor Libro Ilustrador por Maruja Mallo. Enigmaticamente única.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. María Canosa, na páxina web de Urco Editora. Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña